InicioSociedadeEstudantes galegos súmanse á folga en solidariedade cos afectados, con actos en...

Estudantes galegos súmanse á folga en solidariedade cos afectados, con actos en Vigo e A Coruña

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os estudantes galegos sumáronse este martes á folga nacional convocada polo Sindicato de Estudantes en apoio aos afectados pola DANA, e concentráronse en Vigo e A Coruña para esixir responsabilidades políticas e a adopción de medidas de protección para as persoas que o perderon todo.

Así, na cidade olívica, un grupo de mozos reuniuse ao redor do Farol de Urzáiz con Colón para trasladar o seu apoio aos estudantes de Valencia e o resto de rexións afectadas polo temporal de hai unha semana.

A portavoz do Sindicato de Estudantes, Nerea Pereira, explicou que as concentracións reivindicativas, ademais da mensaxe de apoio, pretenden demandar a dimisión do presidente da Comunidade Valenciana, Carlos Mazón e o seu equipo, como responsables políticos “de tantas mortes, sufrimento e dor”.

Igualmente, esixiron medidas urxentes do Goberno central para garantir atención médica gratuíta a todos os afectados e que se poñan a disposición todos os recursos do Estado para paliar esta “catástrofe”. Entre as medidas que piden os estudantes, está tamén a intervención de hoteis e pisos turísticos para garantir aloxamento ás familias afectadas pola DANA, e “que se tomen medidas enérxicas contra o cambio climático e a destrución do medio ambiente”.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...