InicioSucesosDetidos os dous supostos autores dun roubo nunha empresa de enxeñaría de...

Detidos os dous supostos autores dun roubo nunha empresa de enxeñaría de Teis, facéndose con material por valor de 21.000 euros

En concreto, os feitos tiveron lugar na madrugada do día 7 de outubro, momento no que os autores forzaron o acceso ás instalacións da compañía para levar material informático e de telefonía, cartóns de crédito que posteriormente utilizaron e mesmo un vehículo de alta gama.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Nacional detivo en Vigo aos dous supostos autores dun roubo con forza nunha empresa de enxeñaría situada no barrio de Teis ocorrido a principios deste mes. En concreto, os feitos tiveron lugar na madrugada do día 7 de outubro, momento no que os autores forzaron o acceso ás instalacións da compañía para levar material informático e de telefonía, cartóns de crédito que posteriormente utilizaron e mesmo un vehículo de alta gama. O montante dos efectos subtraídos ascendía a 21.000 euros.

Tal como informa a Policía Nacional, a investigación permitiu pescudar a identidade dos ladróns e a súa implicación no roubo, procedéndose á súa detención. Así mesmo, realizouse un rexistro da vivenda dun deles, situada tamén en Teis, recuperándose a práctica totalidade dos efectos, así como o coche subtraído.

ÚLTIMAS

Condenan a Adif por vulneración do dereito á folga da CXT e dun afiliado en Vigo

O Tribunal Supremo ditou sentenza condenatoria contra Adif e favorable ao exposto pola CGT,...

Retencións quilométricas na AP-9 en Vigo por un choque múltiple con 10 vehículos implicados

A AP-9 volveu rexistrar na mañá deste mércores longas retencións na entrada de Vigo,...

Autónomos en campaña electoral: rebaixas, medias verdades e “trampantojos”

Quitar o IVE, non subir as cotas, cota cero. As promesas electorais parecen diñeiro...

Vigo prepara un protocolo ante as inundacións: cortes de tráfico en Balaídos, Citroën e outras zonas de risco

O Concello de Vigo aprobou un novo protocolo permanente de actuación ante episodios de...