InicioSociedadePresentada a guía da Xunta para detectar vítimas de violencia de xénero...

Presentada a guía da Xunta para detectar vítimas de violencia de xénero dentro da empresa

Esta guía dá resposta á Directiva comunitaria que recolle que as persoas con funcións de supervisión no lugar de traballo deben recibir formación sobre os efectos da violencia contra as mulleres e a violencia doméstica no traballo e sobre o risco de violencia exercida por terceiros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia presentou este martes en Vigo unha ‘Guía de indicios para a detección de vítimas de violencia de xénero para a empresa’ no marco do seu campus formativo en igualdade laboral.

En concreto, o secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, e o director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, presentaron este documento, que busca apoiar tanto ao tecido produtivo como aos traballadores na prevención e erradicación deste tipo de violencias.

Segundo explica a Xunta nun comunicado, esta guía dá resposta á Directiva comunitaria que recolle que as persoas con funcións de supervisión no lugar de traballo, tanto no sector público como no privado, deben recibir formación sobre os efectos da violencia contra as mulleres e a violencia doméstica no traballo e sobre o risco de violencia exercida por terceiros.

Neste sentido, este martes abordouse como actuar fronte á violencia de xénero no ámbito laboral, o papel das empresas e dos traballadores na loita contra a violencia de xénero e a actuación fronte á violencia de xénero no ámbito laboral.

“Será un instrumento de vital importancia para poder detectar de forma temperá e precoz a existencia de posibles malos tratos”, indicou Barba, explicando que é no ámbito laboral onde as mulleres pasan máis tempo e alí poden verse indicios de que as súas parellas as maltratan.

Por outra banda, Pablo Fernández tamén acudiu este martes ao VIII Congreso ‘Acción e Implicación’ organizado por Empresarias Galicia, co obxectivo de avanzar na competitividade e na igualdade no ámbito laboral.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...