InicioEconomíaEmpregados de Vitrasa retomarán mobilizacións o vindeiro venres 25 tras outro sete...

Empregados de Vitrasa retomarán mobilizacións o vindeiro venres 25 tras outro sete meses de negociación

PUBLICADO O

- Advertisement -

O comité de empresa de Vitrasa, concesionaria municipal do transporte público de Vigo, anunciou que retomará as mobilizacións o vindeiro venres, día 25 de outubro, ante a situación de bloqueo que se mantén na negociación do novo convenio.

Tal como explicou a representación dos traballadores, fai sete meses finalizaron as mobilizacións que duraron 108 días, tras chegar a un acordo co obxectivo de retomar a negociación para desbloquear o conflito aberto en xaneiro de 2021. Para negociar, a empresa aludía á necesidade de recuperar viaxeiros e cobrar o reequilibrio polas perdas derivadas da pandemia.

“A día de hoxe estas premisas cumpríronse”, subliñou o comité, indicando que se recuperaron os viaxeiros previos á alerta sanitaria e que Vitrasa cobrou uns 18 millóns de euros de compensación, “pero continúa negándose a chegar a acordos co persoal por estes anos pasados”. “A oferta da empresa unicamente fai referencia aos anos 2024 ao 2027, deixando 2021, 2022 e 2023 cunha perda de poder adquisitivo bastante significativa”, lamenta o comité nun comunicado.

Ademais, non contempla novos tempos de percorrido, aínda que na actualidade son “insuficientes” e “non permiten” aos empregados realizar os seus descansos. A pesar da multitude de reunións mantidas, o 1 de outubro Vitrasa comunicou que non podía mellorar a súa última oferta, polo que non se propuxo nova data para negociar. Por iso, agora os empregados planean unha nova mobilización o 25 de outubro, pedindo desculpas de antemán á cidadanía polo trastorno que isto pode volver supor.

ÚLTIMAS

Carmen García Mateo abre a campaña ao Reitorado da UVigo reivindicando “seriedade” fronte á improvisación

A candidata a reitora da Universidade de Vigo (UVigo), Carmen García Mateo, abriu este...

Unha investigación iniciada en Vigo destapa unha rede que enganaba migrantes con falsas ofertas de emprego

Unha investigación da Policía Nacional iniciada en Vigo permitiu desmantelar unha rede dedicada a...

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...

O Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

O Concello de Vigo activará o 1 de maio un novo dispositivo de acollemento...