InicioSucesosDetido un cidadán estranxeiro por falsificar un permiso de residencia para ceder...

Detido un cidadán estranxeiro por falsificar un permiso de residencia para ceder o seu uso a outros compatriotas

E investiga a outra persoa por un presunto delito de usurpación de identidade

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Brigada Local de Estranxeiría e Fronteiras (UCRIF) da Comisaría de Vigo detiveron a un cidadán estranxeiro como presunto autor dos delitos de falsidade documental e contra os dereitos dos cidadáns estranxeiros, e investiga a outra persoa por un presunto delito de usurpación de identidade.

Segundo informaron fontes policiais, a investigación comezou fai uns dous meses, por mor dunha denuncia por unha suposta débeda económica entre compatriotas, por un traballo realizado. Diversos indicios fixeron sospeitar á Policía, que iniciou as pescudas para saber que había detrás desa débeda.

Así, a Policía puido constatar que había persoas estranxeiras traballando, xeralmente en actividades do sector primario e a construción, utilizando a documentación persoal de terceiros.

Tras continuar as indagacións, os axentes pescudan que un traballador estranxeiro lograra darse de alta na Seguridade Social, optara a diferentes contratos de traballo e mesmo abrira contas bancarias, todo iso utilizando un carné de residencia e traballo falsificada —coa situación administrativa que tiña non lle correspondería cartón de residencia algunha–.

Por outra banda, a Policía tamén comprobou que esta persoa cedía a súa documentación persoal falsa e números de conta bancaria a outros compatriotas en situación irregular. Eses cidadáns estranxeiros usaban esa documentación para facerse pasar polo titular e así poder traballar, percibindo o salario correspondente a través da conta bancaria facilitada previamente, e engadindo así días de cotización ao facilitador.

Ademais, grazas ás pescudas policiais, pescudouse que esta persoa cedía a súa documentación persoal falsa e números de conta bancaria a outros compatriotas en situación irregular, os cales, utilizaban dita documentación para facerse pasar polo titular e así poder traballar, percibindo o salario correspondente a través da conta bancaria previamente facilitada e engadindo días de cotización ao titular.

O detido foi posto a disposición xudicial, e a investigación segue aberta, polo que non se descarta a participación doutras persoas nestes feitos.

ÚLTIMAS

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...

O Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

O Concello de Vigo activará o 1 de maio un novo dispositivo de acollemento...

Sumar Galicia impulsa unha proposta de coalición de esquerdas en Vigo de face ás próximas eleccións municipais

Movemento Sumar Galicia remitiu unha carta a Esquerda Unida, Verdes Equo, Anova e Podemos...

O aeroporto de Vigo opera con “normalidade” no cuarto día de folga dos controladores aéreos

Os aeroportos de Vigo e A Coruña funcionan "con normalidade" na xornada deste luns,...