InicioSucesosO impacto do exfuracán Kirk: ventos de case 150km, tellados e árbores...

O impacto do exfuracán Kirk: ventos de case 150km, tellados e árbores caídas e inundacións

Hai rúas e estradas cortadas por gallas e árbores caídas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O exfuracán Kirk, xa convertido en borrasca, deixa en Galicia nas primeiras horas deste mércores refachos de ata 150 km/h, estradas alagadas e problemas no tráfico ferroviario e aéreo.

Segundo informou Adif, a circulación ferroviaria entre Padrón e A Escravitude debido á caída dunha árbore sobre a infraestrutura. Sinalan que persoal de Adif traballa para solucionar a incidencia, que provocou o atraso de varios trens na liña que une A Coruña e Vigo. Ademais, a liña A Coruña – Ferrol, incluída a parada en Betanzos, está tamén cortada. Os transportes faranse por estrada.

CONEXIÓNS AÉREAS

As conexións aéreas tamén se viron afectadas, concretamente voos con orixe-destino Peinador (Vigo) e Alvedro (A Coruña). Air Europa cancelou este martes os voos entre Madrid e Vigo de primeira hora da mañá (6.40 e 10.40 horas) e os seus inversos, que despegaban ás 8.40 e 11.25 horas.

Tampouco despegaron os voos entre Madrid e A Coruña (6.40 horas) e o inverso das 11.10 horas

CASE 400 INCIDENCIAS EN GALICIA

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, informou de que o 112 rexistrou unhas 371 incidencias e máis de 3.000 chamadas durante as primeiras horas da borrasca Kirk en Galicia.

“Como todo o mundo sabe, estamos a pasar unha borrasca de alta intenisdad que afectou en maior medida ás provincias de Pontevedra e A Coruña, e en menor medida, ás de Ourense e Lugo”, lembrou. Apuntou que as incidencias foron, sobre todo, caía de árbores e ramas nas estradas, xunto a obxectos de todo tipo.

CAÍDA DE ÁRBORES

O resto de sucesos protagonízanos a caída de árbores e a inundación de estradas pola acumulación intensa de precipitacións. Así, en Vigo, no Paseo de Granada, unha árbore caeu sobre dous vehículos, provocando danos materiais. Na Rúa Falcoido, outra árbore obrigou a cortar un carril de circulación e o mesmo ocorreu no Castro, á beira do Conservatorio, e na Avenida da Ponte.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...