InicioMedio Ambiente e PatrimonioXornada na illa de San Simón sobre a xestión dos lugares da...

Xornada na illa de San Simón sobre a xestión dos lugares da represión franquista

O acto está organizado polo Consello da Cultura Galega (CCG) organiza este venres, en colaboración co Concello de Redondela

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Consello da Cultura Galega (CCG) organiza este venres, en colaboración co Concello de Redondela, unha xornada de reflexión na illa de San Simón sobre a xestión dos lugares da represión franquista a partir das 10,00 horas.

A xornada comezará cunha conferencia do profesor da USC e vicepresidente do CCG, Xosé M. Núñez Seixas, titulada ‘Lugares de memoria e pasados traumáticos: unha ollada europea’; a continuación, José Miguel Gastón, do Instituto Navarro da Memoria, impartirá o relatorio ‘A xestión dos lugares da represión franquista en Navarra’.

Tamén intervirá a profesora Queralt Solé, para falar sobre a xestión dos lugares de memoria da represión franquista en Cataluña.

Xa pola tarde realizarase unha visita guiada pola illa de San Simón (colonia penal franquista para presos políticos durante a Guerra Civil e a postguerra) e, posteriormente, o profesor da USC Emilio Grandío, disertará sobre ‘Lugares de memoria do pasado traumático na Galicia actual’.

Tras a súa intervención, terá lugar o coloquio ‘Experiencias e perspectivas da xestión dos lugares de memoria’, moderado por Montse Fajardo, coa participación de Manuel Pérez Lorenzo, Xosé Manuel Suárez, Cristina Fiaño e a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas. Así, falarase da historia de lugares como o Pazo de Meirás, o Castelo de San Felipe, o Vello Cárcere de Lugo ou a propia illa de San Simón.

Esta xornada enmárcase no ciclo Seíam’eu… en San Simón, organizado polo Consello da Cultura Galega e o Concello de Redondela, cunha actividade anual relacionada con lírica e historia medieval; e coa represión, o exilio e a memoria. Este é o quinto ano que se organiza este ciclo.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...