InicioSociedadeA concelleira de Educación pide á Xunta profesores de apoio para nenos...

A concelleira de Educación pide á Xunta profesores de apoio para nenos con necesidades especiais, que están “desatendidos”

Trátase de colexios como o Santa Mariña de Cabral ou o Igrexa Candeán, así como o instituto de Valladares ou a escola infantil da rúa Aragón.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A concelleira de Educación do Concello de Vigo, Olga Alonso, pediu este martes á Xunta profesores de apoio e especialistas para nenos con necesidades educativas especiais que cursan os seus estudos na cidade, xa que, ao seu xuízo, están “desatendidos”. Nun audio enviado aos medios de comunicación, Alonso criticou que, desde o inicio do curso escolar, foron moitos os centros educativos vigueses os que denunciaron a falta de profesores de apoio e especialistas en audición e linguaxe ou en pedagoxía terapéutica.

Así, referiuse a colexios como o Santa Mariña de Cabral ou o Igrexa Candeán, así como o instituto de Valladares ou a escola infantil da rúa Aragón. “O alumnado con necesidades educativas especiais está sen atender e que fai a Xunta e que fai o PP de Vigo? Esiximos unha solución porque teñen desatendida esta cidade e a súa comunidade educativa”, sentencia a edil no audio. Todo iso despois de que a semana pasada tamén a Federación Olívica de Asociacións de Pais e Nais de centros escolares de Vigo (Foanpas) denunciase “recortes” nos colexios públicos vigueses, con falta de profesores especialistas.

ÚLTIMAS

Vigo activa a prealerta por seca e restrinxe o uso da auga en baldeos, regos, fontes e duchas das praias

O Concello de Vigo activou a situación de prealerta por seca e adoptou medidas...

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...