InicioSociedadeAbel Caballero critica os 36m2 de local da Xunta para vodas civís:...

Abel Caballero critica os 36m2 de local da Xunta para vodas civís: “É unha vergoña”

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afeou este venres á Xunta a súa intención de destinar un local de 36 metros cadrados para vodas civís, algo que tachou de “vergoña”, en contraposición cos espazos municipais destinados a estes eventos.

Nunhas declaracións remitidas aos medios, o rexedor olívico avanzou que a Xerencia de Urbanismo aprobará a semana que vén a licenza para a habilitación dese espazo nun inmoble do Casco Vello, en Abeleira Menéndez.

“A Xunta pediu a licenza e, ao estar en condicións, daráselle, pero teño que manifestar a miña absoluta insatisfacción“, proclamou Abel Caballero, que sinalou que o local terá un aforamento máximo de 21 persoas e só 36 metros cadrados. “É unha vergoña (…) unha degradación total”, lamentou.

En contraposición, lembrou que o Concello dispón para as vodas civís do Pazo Quiñones de León en Castrelos e da Pinacoteca Francisco Fernández del Riego. “Grandes salas, ben ambientadas, ben decoradas. Queremos darlle ás vodas a importancia que teñen”, subliñou.

ÚLTIMAS

Detido un home tras apuñalar á súa exparella preto da avenida Clara Campoamor

Un home foi detido na tarde-noite deste pasado domingo en Vigo tras supostamente apuñalar...

Enfróntase este martes a 10 anos de cárcere acusado de violar a unha muller mentres durmía

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, xulga este martes...

Prorrogado o xuízo contra o acusado de ameazar a unha moza en Vigo

O xuízo contra un mozo acusado de tocar e ameazar a unha moza cunha...

A xuízo tres acusados de dar unha malleira a un condutor na Travesía da Ponte Romana por estacionar nunha praza que “gardaban”

O xulgado do Penal 3 de Vigo acollerá este xoves un xuízo contra tres persoas, unha...