InicioVigo e contornaMosA Xunta investirá máis de 4 millóns en construír 20 vivendas de...

A Xunta investirá máis de 4 millóns en construír 20 vivendas de promoción pública para aluguer en Mos

PUBLICADO O

- Advertisement -

A conselleira de Vivenda, María Martínez Allegue, achegouse este venres ata o concello pontevedrés de Mos, onde a Xunta investirá máis de 4,1 millóns de euros na construción de 20 vivendas de promoción pública en réxime de aluguer no barrio de San Eleuteiro-Tameiga.

Martínez Allegue, xunto ao secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto, e a alcaldesa de Mos, Clara Arévalo, achegouse ata a parcela onde se construirá o edificio que albergará estas novas vivendas, para presentar esta obra.

A Xunta licitou o pasado 1 de agosto o contrato desta actuación por máis de 4 millóns de euros, e abriu o 2 de agosto o prazo ás empresas interesadas para a presentación de ofertas, que terminará o próximo 20 de setembro. A conselleira explicou que estas vivendas se adxudicarán en réxime de aluguer e o obxectivo da Xunta e que estean dispoñibles a mediados de 2026.

Tal como destacou a conselleira, desde o Goberno galego traballan para duplicar o parque residencial de toda Galicia e, neste caso, está en plena fase de contratación da construción destas 20 vivendas de promoción pública nesta parroquia de Tameiga.

Martínez Allegue puxo o acento en como esta promoción de Mos sitúase en chan cedido, de maneira gratuíta, polo Concello, sendo neste caso “exemplo da colaboración absolutamente necesaria” das entidades locais para conseguir o compromiso en materia de vivenda.

O novo edificio que se construirá nunha parcela da parroquia de Tameiga terá 3 alturas, albergará 20 vivendas, que terán entre 2 e 4 dormitorios, e contará con 29 prazas de garaxe e 20 trasteiros.

ÚLTIMAS

O BNG de Vigo propón un plan de 9,5 millóns de euros para frear os desafiuzamentos na cidade

O BNG de Vigo reclamou ao Concello a posta en marcha dun plan municipal...

A Fiscalía pide cárcere para un taxista e un albanel por senllas agresións sexuais en Vigo

A sala do Penal 3 de Vigo acollerá este mércores o xuízo contra un...

Piden 25 anos de cárcere para un home por acosar e ameazar de morte a xuíces, policías e avogados de Vigo

Un home enfróntase a penas que suman 25 anos de prisión como suposto autor...

A Audiencia de Pontevedra xulga a semana que vén a dous homes por agresións sexuais a menores

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá a vindeira semana dous xuízos...