InicioVal MiñorNigránArquivada a causa contra o condutor do bus de Monbus onde faleceu,...

Arquivada a causa contra o condutor do bus de Monbus onde faleceu, entre outros, o mozo de Nigrán

A deterioración do tacógrafo impediu coñecer a velocidade exacta á que ía o autobús no momento do accidente

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xulgado de instrución número 1 de Pontevedra rexeitou o recurso presentado por familiares de vítimas do accidente do bus que se saíu da vía e caeuse ao río Lérez en Cerdedo-Cotobade, en Noiteboa de 2022, e reafirmouse na súa decisión de arquivar a causa penal contra o condutor do autocar, que estivo investigado por 7 homicidios imprudentes. Fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmaron que o xulgado desestimou o recurso, aínda que os familiares presentaron un recurso de apelación, que agora terá que resolver a Audiencia Provincial de Pontevedra.

O pasado mes de xuño a xuíza de instrución decretou o sobresemento da causa contra o chofer do bus, ao entender que non hai indicios da comisión dunha imprudencia grave ou menos grave; e iso a pesar do informe pericial da Garda Civil que apuntou a un exceso de velocidade como causa do sinistro, sumado ás malas condicións meteorolóxicas. Así, unha vez analizados os informes e escoitados aos dous únicos superiventes (o condutor e unha viaxeira), a xuíza de instrución decretou o arquivo da causa, lembrando que o propio informe da Garda Civil non puido determinar con exactitude a velocidade á que circulaba o vehículo nese tramo, xa que a deterioración do tacógrafo impediu obter ese dato.

“Se non se sabe a que velocidade circulaba o condutor no momento do sinistro, pero si se sabe que a velocidade media durante o traxecto desde a última parada foi de 66 km/h, non se entende por que se afirma rotundamente que o condutor non adecuara a velocidade do seu vehículo cando as condicións meteorolóxicas e do firme eran moi adversas, cando xa o fixo antes”, argumentou a maxistrada.

ÚLTIMAS

Vigo, epicentro dunha folga xeral con numerosas mobilizacións en toda Galicia

Os traballadores galegos están convocados este mércores 11 de novembro a secundar unha folga...

Disney+ desembarca no Nadal de Vigo cunha experiencia inmersiva gratuíta e “única”: así será a nova atracción do centro da cidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que Disney+ instalará na rúa Policarpo Sanz...

O PP de Vigo acusa a Caballero de “vetar” un aumento da partida de vivenda

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, acusou o alcalde, Abel Caballero, de...

Acepta 10 meses de prisión por insultos racistas a unha menor nun bus de Vigo por dicir que “ía nunha patera”

Un home acusado dun delito contra os dereitos fundamentais e contra a integridade moral...