InicioEconomíaCaballero afirma que a subida "inasumible e vergoñosa" de Sogama será o...

Caballero afirma que a subida “inasumible e vergoñosa” de Sogama será o dobre e Vigo pagará case 10 millóns de canon

Insistiu que entre Rueda e a Xunta "esquilman" a cidade e remarcou que o problema de Sogama é que ten unha planta "absolutamente ineficiente" e que o goberno autonómico "non soubo xestionala".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, denunciou este mércores que a subida do canon de Sogama será, en realidade, maior da anunciada e que supón “case duplicar” o pago que debe afrontar o Concello, de maneira que pasará a pagar case 10 millóns de euros. Segundo sinalou o rexedor nunhas declaracións remitidas aos medios, esta subida “inasumible e vergoñosa” suporía duplicar o custo da recollida de lixos “e a Xunta quere que se traslade aos cidadáns”.

Abel Caballero insistiu que entre Rueda e a Xunta “esquilman” a cidade e remarcou que o problema de Sogama é que ten unha planta “absolutamente ineficiente” e que o goberno autonómico “non soubo xestionala”. “Non se actualizou, e agora teñen que facer fronte aos informes da UE. A Xunta é incapaz de xestionar Sogama e agora quere que o paguemos desde Vigo”, proclamou. Finalmente, censurou que o PP da cidade olívica, en lugar de porse ao lado da defensa da cidade, “defende á Xunta cando esquilma a Vigo”. “Así lles vai ir”, sentenciou Abel Caballero.

ÚLTIMAS

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...

Denunciado un bazar do Porriño por vender pirotecnia sen permiso e sen medidas de seguridade

O Equipo de Inspección da Intervención de Armas e Explosivos da Comandancia da Garda...