InicioMovementos SociaisA fortaleza do Castro escenario dunha nova acción simbólica en favor da...

A fortaleza do Castro escenario dunha nova acción simbólica en favor da causa palestina

Durante esta acción simbólica anunciáronse novas mobilizacións "ante o agravamento da situación na zona e para seguir censurando a actitude cómplice e hipócrota dos gobernos español e galego ante o que está a suceder"

PUBLICADO O

- Advertisement -

A fortaleza do Castro, en Vigo, acolleu este mércores un novo acto reivindicativo en favor da causa palestina promovido pola Coordinadora Galega de Solidariedade con Palestina, no que participaron, entre outros, o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, ou a deputada do BNG, Carmela González.

Decenas de persoas concentráronse aos pés da fortaleza, en cuxa muralla se despregou unha gran bandeira palestina, para esixir a “fin do xenocidio na Franxa de Gaza” e rexeitar “o criminal apoio do imperialismo a Israel”.

Durante esta acción simbólica anunciáronse novas mobilizacións “ante o agravamento da situación na zona e para seguir censurando a actitude cómplice e hipócrota dos gobernos español e galego ante o que está a suceder”.

“Con este acto nós dicimos ‘non’. Non á barbarie despregada polo estado terrorista de Israel. A barbarie que levamos meses condenando e que é parte esencia do seu proxecto colonial e expansionista, que trata de esmagar ao pobo de Palestina para ocupar as súas terras”, trasladaron os convocantes nun manifesto, no que tamén afearon a posición dos “grandes medios de comunicación” e a “vergoñosa complicidade” dos gobernos e da UE.

ÚLTIMAS

“Tiven que vivir na rúa dentro dun coche, co meu fillo menor de idade e dous gatos”, di unha estafada

Un estafador reincidente, condenado ata en tres ocasiones por casos similares, asegurou que descoñece...

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...