InicioSucesosDous feridos logo dun choque entre un camión que transportaba gas e...

Dous feridos logo dun choque entre un camión que transportaba gas e dous turismos en Mos

A circulación viuse interrompida aínda que a carga do camión non estaba afectada

PUBLICADO O

- Advertisement -

Dúas persoas resultaron feridas tras unha colisión entre un camión que transportaba gas e dous turismos na A-52, ao seu paso por Sanguiñeda, en Mos.

Segundo informou o 112, foi un particular o que deu a voz de alarma sobre as 14.45 horas deste xoves. A circulación viuse interrompida aínda que a carga do camión non estaba afectada.

A central de emerxencias mobilizou aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros do Porriño, ao Ges de Mos, Garda Civil, Policía Local e os Bombeiros de Vigo.

As persoas feridas foron trasladadas ao hospital de referencia.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...