InicioPolíticaPaula Prado xustifica o modelo elixido para o Cunqueiro senón habería que...

Paula Prado xustifica o modelo elixido para o Cunqueiro senón habería que “esperar 15 anos” para construílo

A preguntas dos medios, en rolda de prensa, Prado incidiu en que o propio informe "recoñece que era o único modelo viable posible"

PUBLICADO O

- Advertisement -

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, defendeu este xoves o modelo público-privado do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, a pesar das críticas que plasma nun informe o Consello de Contas.

A análise do órgano fiscalizador conclúe que sería máis eficiente licitar a obra e os servizos do centro por separado, e non conxuntamente como levou a cabo a Xunta, xa que suporía un aforro de máis de 470 millóns de euros (IVE incluído).

A preguntas dos medios, en rolda de prensa, Prado incidiu en que o propio informe “recoñece que era o único modelo viable posible”.

“Se non fóra polo modelo de contrato elixido teriamos que esperar 15 anos para a construción do Cunqueiro, co que suporía para Vigo e a súa comarca”, advertiu a dirixente popular, antes de concluír que é “o mellor hospital de Galicia e de España”.

ÚLTIMAS

O feminismo vigués convoca unha manifestación o 8M baixo o lema ‘Fronte ao medo e o fascismo, a resistencia é feminismo’

A plataforma Resposta Feminista – As que miran lila chamou a saír ás rúas...

Caballero acusa ao conselleiro de Sanidade de que os exames MIR se fagan en Santiago “porque é de alí”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, urxiu ao Ministerio de Sanidade e á Consellería...

Vigo abre o CIS Olimpia Valencia con 65 consultas para atender a 42.000 persoas

O novo Centro Integrado de Saúde (CIS) Olimpia Valencia, o terceiro de Galicia, abre...

O BNG propón impulsar comunidades enerxéticas locais para producir e consumir enerxía renovable

O BNG de Vigo propuxo que o Concello cree unha oficina municipal de enerxía...