InicioVigo e contornaVigoContas ve máis eficiente licitar obras e servizos do Álvaro Cunqueiro por...

Contas ve máis eficiente licitar obras e servizos do Álvaro Cunqueiro por separado

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Consello de Contas de Galicia publicou este mércores o Informe de Fiscalización do Contrato de Concesión do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, que conclúe que sería máis eficiente licitar a obra e os servizos do centro por separado, e non conxuntamente como levou a cabo a Xunta.

Así se desprende do documento, de máis de 300 páxinas, que indica que a “opción máis vantaxosa” sería a licitación dun contrato de obras para a execución da infraestrutura, por unha banda, e a licitación de contratos de servizos, por outra.

“En termos económicos, a alternativa da licitación da obra por unha banda e a licitación de contratos de servizos por outra, é máis eficiente que o contrato de concesión realizado, xa que se poderían alcanzar resultados similares a un menor custo”, indica Contas.

En concreto, a diferenza estimada entre o importe da proxección de pagos de ambas as alternativas é duns 382 millóns de euros (sen IVE) e duns 470 millóns (con IVE), o que supón unha diferenza en termos de valor actual neto (VAN) de máis de 133 millóns (sen IVE).

“A análise dos datos anteriores leva a concluír que a opción máis vantaxosa sería a licitación dun contrato de obras para a execución da infraestrutura, por unha banda, e a licitación de contratos de servizos, por outra”, insiste Contas.

 

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...