InicioSociedadeTransportes di "si a todo" para Vigo e prevé comezar as obras...

Transportes di “si a todo” para Vigo e prevé comezar as obras en 2029

O secretario de Estado José Antonio Santano comprométese co inicio das obras da Saída Sur ferroviaria de Vigo para o ano 2029, tras reunirse con Abel Caballero.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O secretario de Estado de Transportes e Mobilidade Sustentable, José Antonio Santano, reuniuse na tarde deste luns co alcalde de Vigo, Abel Caballero, nun encontro no que dixo “si a todo” para a cidade, prevendo comezar as obras do Saída Sur ferroviaria en 2029. Así o sinalou o propio Santano nunha comparecencia ante os medios de comunicación tras a cita, que se levou a cabo na sede do Concello durante máis de dúas horas. Alí, despois de recoñecer o seu coñecemento da cidade olívica debido a que a súa muller traballou durante moitos anos nela, o secretario de Estado relatou os distintos temas tratados co rexedor, ao ser “asuntos pendentes” do Goberno coa urbe.

En primeiro lugar, falou de todo o relativo ao ferrocarril, lembrando que o Ministerio traballa nun estudo informativo complementario para a variante de Cerdedo, co obxectivo de que Vigo teña AVE directo a Madrid sen pasar por Santiago. A pesar de todo, non deu datas de cando podería estar esta infraestrutura, asegurando que “o importante é non parar e ir avanzando”.

Outro dos puntos tratados foi a conexión ferroviaria da cidade con Porto (Portugal), explicando o compromiso de ambos os gobernos por esta vía. Respecto diso, dixo que o estudo informativo do Saída Sur de Vigo estará listo para o primeiro trimestre de 2025, prevendo que, tras varios trámites máis, as obras poidan comezar en 2029. Ademais, o Ministerio tamén traballa para licitar o estudo do tramo entre O Porriño e a fronteira portuguesa, segundo engadiu.

Entre outros temas, Santano referiuse a a reforma da Avenida de Madrid, debido a que dous terzos da mesma serán financiados polo Executivo central e o goberno local encargarase de licitar a obra. Sobre o túnel da A-52, para que Vigo dispoña de autovía directa a Madrid, o secretario de Estado insistiu no compromiso do Goberno de levalo a cabo, lembrando que se calcula un investimento duns 350 millóns de euros.

“Díxenlle ao alcalde que hai moi poucas cidades ás que eu haxa ido nestes meses que levo sendo secretario de Estado que lle dixemos si a todo. O Goberno de España ten un compromiso con Vigo entendendo que esta é unha cidade que tiña demasiadas tarefas pendentes”, sentenciou.

ÚLTIMAS

Piden 13 anos para un adestrador por supostos abusos a unha xogadora menor de idade en Vigo

Un adestrador de fútbol feminino enfróntase a penas que suman 13 anos de prisión, como...

Caballero denuncia a discriminación da Xunta a Vigo mentres “quere que quedemos calados”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, respondeu este mércores á "man tendida" e á...

Multa de 100 millons a Stellantis polo fraude no cártel de reciclaxe

Volkswagen, Stellantis e outros fabricantes de coches foron multados con 458 millóns de euros...

Petición de catro anos de cárcere para unha muller por ameazar cunha pistola a un coñecido en Vigo

A Fiscalía pide 4 anos e 1 mes de prisión para unha muller acusada...