InicioSucesosFerida unha persoa ao envorcar o seu coche na A-55, en Mos

Ferida unha persoa ao envorcar o seu coche na A-55, en Mos

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha persoa resultou ferida ao saírse da vía e envorcar co seu coche na A-55, ao seu paso por Mos, mentres que outras dúas persoas que viaxaban no vehículo resultado feridas.

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o suceso tivo lugar ás 23,30 horas, cando un particular que circulaba polo punto, o quilómetro 12 da A-55 en sentido O Porriño. O 112 explicou que, aínda que o primeiro alertante non puido precisar se había feridos, outras chamadas explicaron que o vehículo puña en risco a circulación do resto de vehículos.

De inmediato, os xestores do 112 Galicia solicitaron a colaboración do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, do GES de Mos e dos servizos de mantemento da autovía. Á chegada dos servizos de emerxencias, as persoas xa conseguiran saír a través dunha dos portelos do coche. De feito, unha delas chamou ao 112 Galicia a fin de solicitar asistencia sanitaria para un dos implicados, ferido na cabeza e que foi evacuado ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

ÚLTIMAS

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Detido un home en Vigo por saltar unha orde de afastamento dunha muller coa que foi sorprendido discutindo na rúa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 44 anos de...