InicioSociedadeO BNG alerta de que "medio Vigo leva 2 semanas en risco"

O BNG alerta de que “medio Vigo leva 2 semanas en risco”

O portavoz do BNG reclama información ao goberno vigués sobre as solucións reais para o servizo de bombeiros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal do BNG alertou este martes de que “medio Vigo leva 2 semanas en risco” polo peche do parque de bombeiros de Coruxo, debido á falta de persoal para completar as dotacións mínimas (21 bombeiros, segundo un decreto do propio Concello).

O grupo nacionalista, que cualificou como “fume propagandístico” os anuncios do goberno local sobre o reforzo do servizo, lembrou que o parque de Coruxo, habilitado como instalacións provisionais mentres non se termina a obra do novo parque de Esturáns, non é unha dotación auxiliar do parque central de Teis, senón que ten asignada unha das dúas zonas nas que se dividiu a cidade en termos operativos.

O portavoz do BNG, Xabier Pérez Igrexas, denunciou que a seguridade se ve “comprometida” cada día que permanece pechado un dos dous parques de bombeiros de Vigo, o que aumenta de forma “perigosa” os tempos de resposta en situacións de emerxencia.

Pérez Igrexas reclamou ao goberno vigués información sobre as medidas que se adoptarán no verán para garantir o persoal necesario no servizo e acusou a Abel Caballero e o seu equipo de querer “pechar en falso” o conflito con medidas “que non achegan solucións reais”.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...