InicioCulturaGozoFest leva a Vigo á canadense Loreena McKennit

GozoFest leva a Vigo á canadense Loreena McKennit

Actúa este mércores coas entradas case esgotadas

PUBLICADO O

- Advertisement -

O festival GozoFest levará a Vigo este mércores á artista canadense Loreena McKennit, que actuará no Auditorio Mar de Vigo coas entradas case esgotadas. A cantante e compositora canadense é unha das figuras icónicas da música Celta. Os seus máis de 15 millóns de discos vendidos en todo o mundo, con discos de ouro, platino e multiplatino en 15 países convertérona nunha das máximas referencias das últimas décadas.

“A espiritualidade que mostra nos seus traballos de estudo, e sobre todo nos seus directos, fan que cada concerto se converta en algo máxico. Amparada no seu dominio do piano e a arpa entre outros instrumentos, consegue levar ao público a un mundo no que ela é a raíña, deixando momentos únicos”, destacan os organizadores nun comunicado.

No seu espectro musical ademais do protagonismo da música folk de raíces Celtas teñen cabida unha infinidade de sons, ritmos e estilos que foron absorbendo ao longo de moitos anos de viaxes por todo o mundo. Desde a influencia da súa ascendencia escocesa e irlandesa ata os sons mediterráneos e asiáticos, entre outros.

ÚLTIMAS

Falece un mozo de 42 anos atrapado entre os rodetes dunha máquina forestal en Donas

Un traballador de 42 anos morreu na mañá deste venres ao resultar atrapado entre...

Investigan os motivos do asasinato a puñaladas dun home e feridas graves a unha muller en Redondela

A Policía Nacional detivo na madrugada deste venres en Redondela a un home, R.C.G.F....

O Pazo da Raposeira abre as súas portas: descubre todo o que agocha este inmoble con séculos de historia

O Pazo da Raposeira, unha das edificacións máis emblemáticas de Vigo, inicia un programa de visitas...

O Goberno rexeita liberar a peaxe da AP-9 aínda que ve “irrenunciable” a autovía Vigo-O Porriño

O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, defendeu este venres que a futura...