InicioEconomíaA Confederación de Empresarios de Pontevedra considera un 'insulto' de Fomento a...

A Confederación de Empresarios de Pontevedra considera un ‘insulto’ de Fomento a nova suba das peaxes da AP-9

“É un auténtico despropósito que se continúe claudicando aos intereses da concesionaria, prexudicando a competitividade de todo o tecido empresarial, e da propia cidadanía", subliñan desde a CEP.

PUBLICADO O

A Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP) vén de condenar a decisión do Goberno de autorizar a subida das tarifas da AP9, publicada este mesmo martes no Boletín Oficial do Estado, priorizándoa á eliminación da peaxe a Redondela, comprometida polo anterior executivo para xullo pasado.

“É un auténtico despropósito que se continúe claudicando aos intereses da concesionaria, prexudicando a competitividade de todo o tecido empresarial, e da propia cidadanía, gravando o uso da principal arteria de comunicación de Galicia”, subliña Jorge Cebreiros, Presidente da Confederación.

Os directivos expresáronse en termos similares durante a última reunión do Comité Directivo e a Comisión Permanente da CEP, celebrada na tarde do luns, poñendo de manifesto o seu profundo descontento e a súa preocupación polas repercusións de ambas as decisións na actividade de empresas de todos os sectores.

Reunión da Confederación de Empresarios de Pontevedra/ CEP

“As nosas demandas ao Ministerio de Fomento non cambiaron. Resulta lamentable que ao seu elocuente silencio dos últimos meses seguise a publicación no BOE das novas tarifas, sen que se terminaran as obras no tramo de Rande nin poñer data á eliminación da peaxe a Redondela. É case un insulto. Non imos renunciar a que se converta en urbano o acceso a Vigo pola AP9″, aseguran.

Paralelamente analizaron outros temas que tamén afectan á competitividade das empresas pontevedresas. A anulación do investimento previsto por Zona Franca no Campus de de FP supuxo unha decepción para os empresarios, posto que esperaban a súa execución “para poder acceder a capital humano formado á medida das súas necesidades”.

Neste sentido, a CEP apela ás administracións públicas para que o proxecto salga adiante, e ofrece a súa máxima colaboración. As subidas nos prezos da enerxía, a alza impositiva e a do Salario Mínimo Interprofesional tamén foron motivo de debate no seo do Comité Directivo e a Comisión Permanente da CEP.

Noutra orde de ideas fíxose mención á recente intervención do Delegado do Estado do Consorcio da Zona Franca, David Regades, cando se comprometeu a resolver a demanda de chan industrial na provincia.

Ademais, Cebreiros informou da presentación oficial da Plataforma Atántico Noroeste, en Xixón, o pasado 18 de setembro, e da firma do acordo de intencións entre as organizacións empresariais do noroeste que deu lugar á Alianza Noroeste, nas que a CEP participa activamente.

ÚLTIMAS

Outra parada da produción de Stellantis Vigo por falta de pezas

A factoría viguesa do grupo automobilístico Stellantis deterá parte da súa produción na quenda de...

O BNG critica que o Concello “bote á rúa sen alternativa” a 10 sobreviventes do incendio de Alfonso X

O BNG de Vigo criticou este martes que o Concello "bote á rúa sen alternativa" a...

Suspenden a folga de ambulancias prevista en Vigo, Cangas e Moaña para xoves e venres

Os sindicatos CIG, CCOO, USO e FS-TES acordaron suspender a folga na empresa concesionaria...

Caballero e Puente reuníronse para abordar a chegada dos trens Avril

O ministro de Transportes e Mobilidade Sustentable, Óscar Puente, reuniuse este martes co alcalde...