InicioEconomíaUn laboratorio do Porriño lanza a primeira vacina contra a enfermidade hemorráxica...

Un laboratorio do Porriño lanza a primeira vacina contra a enfermidade hemorráxica epizoótica

O grupo con sede no Porriño priorizará o mercado español ante a situación de emerxencia pola morte de vacas

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo Zendal lanza ao mercado a primeira vacina para previr o virus da enfermidade hemorráxica epizoótica, serotipo 8. Esta semana recibiu a autorización temporal de uso por parte da Axencia Española do Medicamento e Produtos Sanitarios que permite o seu uso na especie bovina.

O serotipo 8 do virus da EHE foi diagnosticado por primeira vez no suroeste de España en novembro de 2022. Posteriormente, detectouse a difusión desta enfermidade que afecta especialmente aos rumiantes en todo o territorio estatal –salvo Baleares e Canarias–, incluída Galicia, onde se produciron decenas de mortes de vacas en varios focos.

O grupo biotecnolóxico con sede no Porriño priorizou o desenvolvemento desta nova vacina por petición do Ministerio de Agricultura ao tratarse dunha situación de emerxencia sanitaria. Para logralo contou a colaboración da Axencia do Medicamento que “se mostrou sensible en todo momento á necesidade da gandaría axilizando o máximo posible as autorizacións sen por iso reducir os requisitos indispensables para garantir a calidade, seguridade e eficacia da mesma”.

Agora, Zendal priorizará o mercado español no seu plan de vendas desta vacina. Haberá unha primeira fase de produción de dous millóns de doses que serán comercializadas por Vetia Animal Heath, filial dedicada á saúde animal.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...