InicioEconomíaStellantis Vigo parará parte da súa produción durante as quendas de tarde...

Stellantis Vigo parará parte da súa produción durante as quendas de tarde e noite deste xoves

Precisamente este pasado luns, día 24, o Sistema 1 da fábrica, que produce o Peugeot 2008, tampouco operou por escaseza de compoñentes

PUBLICADO O

- Advertisement -

A factoría viguesa do grupo automobilístico Stellantis volverá parar parte da súa produción nas quendas de tarde e de noite deste xoves debido á falta de pezas necesarias para ensamblar os seus vehículos.

Tal como informou a compañía aos traballadores, o Sistema 2 da planta, que monta as furgonetas das distintas marcas do consorcio, permanecerá sen actividade na tarde e na noite deste xoves, prevendo que volva operar na quenda de mañá do venres, día 28.

“Por causa de forza maior, debido a dificultades de aprovisionamento, suspéndense as quendas de tarde e noite do Sistema 2 na xornada do xoves 27 de xuño”, informou a empresa aos seus empregados.

Este parón únese ás incontables veces que Stellantis Vigo estivo sen actividade nos últimos meses e anos debido á falta de pezas para a ensamblaxe dos seus vehículos. Precisamente este pasado luns, día 24, o Sistema 1 da fábrica, que produce o Peugeot 2008, tampouco operou por escaseza de compoñentes.

ÚLTIMAS

Investigan un roubo na vivenda do futbolista Ilaix Moriba en Nigrán

A Garda Civil investiga varios roubos cometidos na zona de Nigrán, entre eles un...

Vigo aproba un orzamento récord de máis de 365 millóns e conxela taxas e impostos

A xunta de goberno local de Vigo aprobou este martes "o orzamento máis elevado...

A rebaixa fiscal da Xunta. Dos 96 millóns anunciados aos 5 euros efectivos por fogar. Canto aforrará realmente unha familia galega?

A baixada do IRPF anunciada esta semana pola Xunta en plena precampaña electoral terá...

Stellantis parará dous días a produción do Peugeot 2008 en Vigo por falta de pezas

A fábrica de Vigo do grupo automobilístico Stellantis volverá deter a produción a finais...