InicioSociedadeA veda do choco nas rías de Vigo, Pontevedra e Arousa estenderase...

A veda do choco nas rías de Vigo, Pontevedra e Arousa estenderase ata finais de outubro

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta estableceu a veda para a captura do choco nas rías de Vigo, Pontevedra e Arousa e prohibiu a súa captura, tenencia a bordo, transbordo, comercialización e venda ata finais de outubro. Segundo recolle este martes o Diario Oficial de Galicia (DOG) en senllas resolucións, a veda desta especie en Vigo e Pontevedra comprenderá desde o 22 de xullo ata o 31 de outubro, ambos inclusive. Mentres, na ría de Arousa estableceuse desde o 29 de xullo e permanecerá vixente ata o 31 de outubro.

Tamén detalla que esta norma inclúe a pesca marítima de recreo, de acordo coa normativa vixente. Ademais, as capturas accidentais deberán ser devoltas ao mar. Estas medidas adoptáronse tras uns informes técnicos que constatan que a partir do mes de xuño a porcentaxe de individuos xuvenís capturados increméntase un 80% en Vigo, un 67% en Pontevedra e un 48% en Arousa respecto de meses anteriores, nos que se recomenda limitar o emprego das diferentes artes de pesca nas zonas máis interiores das rías.

ÚLTIMAS

Vigo activa a prealerta por seca e restrinxe o uso da auga en baldeos, regos, fontes e duchas das praias

O Concello de Vigo activou a situación de prealerta por seca e adoptou medidas...

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...