InicioCulturaUnha trintena de catadores nacionais visita Vigo para participar no evento 'Destino...

Unha trintena de catadores nacionais visita Vigo para participar no evento ‘Destino Galicia’

.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, deu este luns a benvida aos participantes no evento ‘Destino Galicia’, que reúne durante dous días a 30 catadores de toda España na cidade olívica. “Sodes os mellores difusores do noso patrimonio gastronómico e grazas a vós a calidade dos nosos produtos traspasa todas as fronteiras”, sinalou Ortiz durante a recepción celebrada na Delegación Territorial.

O congreso, tal como explicou a Xunta nun comunicado, consiste na visita de 30 catadores do territorio nacional (tanto en activo como en último ano de estudo) para poder facer un percorrido polos produtos da Comunidade e así converternos en embaixadores da gastronomía galega. Os participantes realizarán a visita a dúas das zonas máis importantes do viño de Galicia. Ademais, recibirán unha clase maxistral acerca das calidades de dez zonas de viño galegas e as súas características. A Asociación de Catadores de Galicia (Agasu) é a encargada de realizar este evento, en colaboración co Executivo autonómico.

ÚLTIMAS

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...

Pontón esixe á Xunta mercar Povisa: “Na sanidade privada non ven pacientes, ven clientes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, urxiu unha vez máis a compra do...