InicioSociedadeAdxudicado pola vía de emerxencia o servizo de transporte sanitario urxente da...

Adxudicado pola vía de emerxencia o servizo de transporte sanitario urxente da área a Emerxencias Sanitarias-Saluser

O contrato entrará en vigor o 1 de xuño, despois de que a concesionaria o deixase en suspenso por imposibilidade de asumilo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Xunta, a través da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, adxudicou o servizo de transporte sanitario urxente terrestre na área de Vigo á empresa UTE Emerxencias Sanitarias-Saluser 2024, un procedemento que se levou a cabo pola vía de urxencia e cuxo contrato entrará en vigor o 1 de xuño. Dado este sistema extraordinario, o novo contrato será polo prazo necesario para que a Consellería de Sanidade licite un novo contrato por procedemento aberto, inicialmente de seis meses aínda que con posibilidade de prórroga outros tres.

Deste xeito, a Xunta garante a prestación do servizo de transporte sanitario urxente terrestre na área de Vigo, que comprende os concellos de Vigo, Cangas do Morrazo e Moaña, “un servizo esencial para a poboación que debe seguir prestándose” despois de que a actual empresa concesionaria comunicase “a imposibilidade” de mantelo. O importe da adxudicación ascende a 2.901.947 euros e, de prorrogarse, está previsto un importe adicional de 1.380.169,82 euros.

ÚLTIMAS

Un home deixa á súa parella na UCI tras apuñalala no Porriño e entra en prisión

Axentes da Garda Civil detiveron a un veciño do Porriño, de 50 anos de...

O BNG vigués alerta sobre o empobrecemento na cidade e denuncia a retirada de axudas sociais do Concello

O grupo municipal do BNG en Vigo censurou este luns o recorte nas axudas...

Protesta masiva en Vigo contra a ofensiva de EE.UU. en Venezuela

Centos de persoas manifestáronse este sábado ante o Consulado de Venezuela en Vigo para...

A CIG denuncia a falta de persoal médico en centros sanitarios da área de Vigo

O sindicato CIG-Saúde denunciou este luns a falta de persoal médico en varios centros...