InicioVigo e contornaVigoA 'narcocasa' próxima á Cidade da Xustiza de Vigo será derrubada ante...

A ‘narcocasa’ próxima á Cidade da Xustiza de Vigo será derrubada ante o seu estado de ruína

A concelleira de Urbanismo, María José Caride, explicou que os propietarios alegaron problemas entre eles para executar esa actuación polo que o Concello, despois de que se rexistrase un incendio na casa a pasada fin de semana

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo procerá de inmediato a contratar un proxecto de derriba da ‘narcocasa’ situada no número 21 da rúa Porto Rico, a escasos metros da Cidade da Xustiza, debido ao risco que presenta polo seu estado de ruína, e despois de que os propietarios non levasen a cabo a demolición.

Así o confirmou a concelleira de Urbanismo, María José Caride, que, nunhas declaracións remitidas aos medios, confirmou que ese inmoble ten aberto un expediente na Xerencia municipal de Urbanismo e que o Concello xa instou os seus propietarios á derriba, debido ás condicións ruinosas do mesmo.

Caride explicou que os propietarios alegaron problemas entre eles para executar esa actuación polo que o Concello, despois de que se rexistrase un incendio na casa a pasada fin de semana, decidiu levar a cabo a demolición de forma subsidiaria. “Procederemos a contratar o proxecto e á execución (da derriba) de forma inmediata”, afirmou, á vez que pediu que se respecten os balizamentos e precintos porque o inmoble, frecuentado por toxicómanos, non está condicións de que ninguén poida entrar.

Así mesmo, confirmou que, tras a execución desa demolición, a administración municipal pasará a factura aos propietarios da casa, que son “os responsables da súa conservación e mantemento”.

SATISFACCIÓN DO PP

O grupo municipal do PP trasladou este martes a súa “satisfacción” pola decisión adoptada polo goberno local, e despois de meses nos que este grupo estivo reclamando a adopción de medidas debido ao risco que supuña esa inmoble e ás molestias xeradas aos veciños.

O portavoz dos ‘populares’, Miguel Martín, reclamou agora ao goberno que axilice os trámites para realizar a derriba canto antes, e que tome medidas para garantir a seguridade.

ÚLTIMAS

Así será o novo Balaídos: 86 millóns, unha Tribuna de 14.200 espectadores e obras ata 2029

O futuro de Balaídos comeza a tomar forma sobre o papel, cun proxecto que...

Vigo marchou dividido nas protestas do 25N

Miles de persoas saíron á rúa este mércores en Vigo para expresar a súa...

Belén Aguilera chega a Vigo antes das eleccións do 29N: “Como artista e como muller, dáme medo o que poida pasar, pero non vou...

Hai artistas para os que cada disco representa un cambio de pel, unha necesidade...

O barco de Greenpece máis efeciente leva o selo vigués

Trátase dun veleiro de 75 metros cuxo deseño sitúa no centro a propulsión eólica...