InicioSucesosDous feridos tras desaloxar un edificio por mor dun incendio nun garaxe

Dous feridos tras desaloxar un edificio por mor dun incendio nun garaxe

O suceso afectou a varias vivendas

PUBLICADO O

- Advertisement -

Dúas persoas resultaron feridas leve durante o desaloxo dun edificio situado no barrio vigués de Cabral debido a un incendio rexistrado nun garaxe anexo, que afectou a varias vivendas. Tal como informou a Policía Local, os feitos ocorreron sobre as 04.20 horas, cando os axentes foron alertados da existencia dun lume na avenida Tranvía de Vigo.

Unha vez no punto, tanto os funcionarios locais como os axentes da Policía Nacional observaron que o garaxe dunha vivenda estaba totalmente envolvido en chamas. Ademais, tiveron coñecemento de que nos pisos superiores había familias durmindo.

“Para acceder ás plantas superiores do edificio era necesario utilizar unha escaleira exterior da edificación, a cal se atopaba cuberta de fume e chamas de lume que saían a través das ventás do garaxe. Ante o inminente perigo que ofrecía a situación e a rápida intervención necesaria, decidiron acceder ao edificio para desaloxar ás familias moradoras, subindo un membro da Policía Local en compañía dun axente de Policía Nacional”, explica o comunicado. A estes axentes uniuse un veciño residente no primeiro piso, que colaborou no desaloxo do resto de moradores, chamando porta por porta.

“A gravidade da situación obrigou a ter que envolver con mantas aos veciños evacuados e a ter que avanzar a niveis de chan para evitar así ser alcanzados polas chamas”, engadiron as mesmas fontes, que indicaron que saíron ata seis veciños, tres deles menores de idade. Ademais, dous foron trasladados ao hospital Álvaro Cunqueiro con lesións leves, debido a que un home tropezou ao tratar de saír do piso e unha muller precisou atención médica pola inhalación de fume.

Pola súa banda, o servizo de extinción de incendios sufocou as chamas e ventiló en inmoble, informando de que a orixe do lume podería ser unha furgoneta estacionada no garaxe, afectando logo a varias vivendas.

ÚLTIMAS

Abel Caballero insiste en pedir a Facultade de Medicina e rexeita que Vigo sexa “unha colonia de Santiago”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este martes en reclamar unha facultade de Medicina...

O comité de empresa do Concello de Vigo denuncia o mal estado das instalacións logo da caída dunha xanela

O comité de empresa e a xunta de persoal do Concello de Vigo denunciaron...

O acusado de violar unha muller mentres durmía queda exento de prisión

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, xulga este...

Aceleran a posta en marcha da planta de semicondutores de Stellantis tras recibir17,2 millóns do PERTE Chip

A futura fábrica de semiconductores fotónicos de Vigo, o coñecido como proxecto SPARC, captou...