InicioSen categorizarDuro cruce de acusacións entre Concello e oposición polo rescate do Auditorio...

Duro cruce de acusacións entre Concello e oposición polo rescate do Auditorio Mar de Vigo

O goberno municipal insiste en que non terá custo pola súa "boa xestión" económica e a oposición ve unha "tomadura de pelo" que Caballero diga que é unha "boa noticia".

PUBLICADO O

Unha nova polémica enfronta ao Concello de Vigo e á oposición. Desta volta, o rescate do Auditorio Mar de Vigo. O concello apunta que non lle custará nada aos vigueses grazas á súa boa xestión, mentres que os grupos da oposición en Vigo acusan a Abel Caballero de mentir porque a operación terá un custo de 35,2 millóns de euros por unhas instalacións “que xa son municipais”.

O portavoz do goberno local, Carlos López Font, dixo que o rescate xerará ingresos que compensarán o desembolso deses 35,2 millóns e, ademais, o Concello aforrarase o pago dos 600.000 euros anuais que custaba alugar as aulas para a UNED. “Toda a operación é magnífica porque o Concello contará, non só cun Auditorio que explotará directamente, senón cun hotel, un aparcadoiro e 4.000 metros cadrados de locais comerciais que pode vender”, dixo.

Ademais, cargou contra o PP porque, dixo, “pretendía que se pagasen 77 millóns de euros”. “Son uns mentireiros, están frenéticos porque o decidido en Xunta de Goberno trastornou os seus plans, porque a operación saíu ben”, afirmou.

“QUERE VENDER ISO COMO BOA NOTICIA”

Pola súa banda, a portavoz do PP, Elena Muñoz, dixo que a eses 35,2 millóns hai que sumarlle outros 40 millóns de diñeiro público investidos no complexo (30,5 millóns de achega de Xunta e Concello para a construción, os 5 millóns inxectados cando se ampliou a concesión e unha quita doutros 5 millóns).

“O problema naceu en 2007, cando o alcalde decidiu modificar o contrato e reducir as dimensións do complexo. Foi precisamente esa decisión, xunto coa falta de desenvolvemento urbanístico da zona, o que motivou a quebra da sociedade que explotaba o auditorio”, dstacou en rolda de prensa.

“É o colmo que o alcalde queira vender isto como unha boa noticia e queira poñerse unha medalla. Por que? Por ter que pagar 35,2 millóns?”, destacou Muñoz, quen avanzou que o seu grupo pedirá a comparecencia de Abel Caballero no pleno para “dar explicacións” sobre a xestión desta crise.

FISCALÍA

Finalmente, o grupo municipal Marea de Vigo denunciou que a liquidación do Auditorio “se vai a cargar no peto de todos os veciños” e que, para facer fronte ao pago, haberá que recorrer a remanente de tesouraría e ao alleamento de patrimonio público.

O seu portavoz, Rubén Pérez, cuestionou a “rendibilidade” dun complexo para o que será “moi difícil atopar comprador” e volveu a reclamar unha comisión de investigación sobre o percorrido desta concesión e as condicións do contrato. Por iso, instou á Fiscalía a investigar “de oficio” o ocorrido no Auditorio Mar de Vigo e acusou a Caballero de “mentir” sobre a liquidación da infraestrutura.

Pola súa banda, desde Compromiso por Galicia acusan ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, de ser o máximo responsable do fallo da concesión municipal sobre o Auditorio Mar de Vigo. Xoán Antonio Cortés, secretario local en vigo da forza política galeguista, traslada a sua preocupación polos custes que poderia supor finalmente isto para as finanzas municipais. Unha situación da que, destaca, deben responsabilizarse desde o goberno local, xa que no 2012 ampliaron a concesión á actual empresa aos 60 anos, sabendo da situación de mala xestión e crise económica que atravesaba a mesma”.

ÚLTIMAS

O TSXG anula o calendario laboral de 2023 do persoal de Ilunion en Stellantis, Benteler e Lear

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) anulou o calendario laboral de 2023 do persoal...

Terremoto de magnitude 1,8 en Vilaboa

O Instituto Xeográfico Nacional (IGN) rexistrou un terremoto de magnitude 1,8 con epicentro na localidade pontevedresa de...

O aeroporto de Peinador suspende a súa actividade este luns ara finais de mes

O aeroporto de Peinador, en Vigo, suspenderá a partir do próximo luns, día 6 de maio,...

Sindicato de Inquilinas Vigo urxe vivenda pública e regular prezos ante a “alarmante realidade” dos desafiuzamentos

O Sindicato de Inquilina Vigo-Baixo Miño urxiu este venres a regulación dos prezos de aluguer...