InicioSociedadeOutra incidencia técnica atrasa case unha hora a saída do AVE Avril...

Outra incidencia técnica atrasa case unha hora a saída do AVE Avril desde Madrid a Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha nova incidencia técnica provocou tamén este xoves, na súa terceira xornada tras a ‘inauguración‘, atrasos na conexión do AVE Avril entre Vigo e Madrid. Neste caso, os pasaxeiros afectados foron os do tren Avril que debía saír da estación madrileña de Chamartín ás 19,18 horas.

Fontes de Renfe consultadas por Europa Press confirmaron que, debido a unha incidencia técnica, o tren con destino a Vigo partiu finalmente con 55 minutos de demora. No resto da xornada non houbo incidencias, aínda que esta é o terceiro día que se encadean problemas técnicos. E é que o segundo AVE Avril que partiu na mañá deste mércores de Galicia tamén chegou a Madrid con algo menos de 20 minutos de atraso.

Neste caso, unha incidencia cunha porta atrasou a saída do tren desde Vigo uns 25 minutos, pero foi solucionada e o convoi só chegou 18 minutos despois da hora prevista á capital española.

Esta situación deuse precisamente un día despois da estrea destes trens este pasado martes, cando o primeiro Avril que saíu de Galicia tamén quedou parado máis de dúas horas e media a escasos metros da estación de Ourense por unha incidencia no tren.

Renfe subliñou que se mantén o seu compromiso de puntualidade, polo cal se establecen distintas compensacións aos usuarios. En concreto, ao tratarse dun AVE, se o atraso na hora de chegada a destino é superior a 15 minutos, devólveselles aos pasaxeiros o 50% do seu billete. No caso de que supere os 30 minutos, os viaxeiros recibirán o 100% do prezo que pagaron polo seu traxecto.

ÚLTIMAS

Absolto o acusado de violar a unha moza durmida pola falta de consistencia da versión da denunciante

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, ditou sentenza na que...

A xuíza acorda o arquivo da causa contra o detido na rúa Mestre Montes por agredir supostamente á súa nai cun garfio

A xuíza de instrución 2 de Vigo acordou o sobresemento e arquivo das actuacións...

Detidos dous homes na rúa Cánovas del Castillo por supostos roubos con forza no interior de 15 coches estacionados

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a dous homes como presuntos autores de...

Detido na rúa Uruguai tras lesionar a unha viandante, á que golpeou cunha lata de cervexa, causándolle un corte na tempa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 45 anos de idade, J.K.V.,...