InicioSociedadeO Concello media coa compañía eléctrica para que reactive a luz á...

O Concello media coa compañía eléctrica para que reactive a luz á familia do Calvario con dous fillos menores

Segundo dixo o Concello, traballa para axudar á familia a regularizar a débeda, que corresponde á anterior titular do servizo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os servizos sociais do Concello de Vigo mediaron coa compañía eléctrica para solicitar a reactivación da subministración de luz a unha familia da cidade con dous fillos menores. Tal como informou o goberno local nun comunicado, isto ocorreu despois de que a familia acudise o pasado luns ao Servizo de Benestar do Concello para trasladar que lles cortaron a luz facía días na súa vivenda, situada no barrio do Calvario. Inmediatamente, contactouse coa empresa para acreditar a vulnerabilidade da familia, polo que este mércores restablecéuselle a subministración, segundo dixo o Concello, que traballa para axudar á familia a regularizar a débeda, que corresponde á anterior titular do servizo.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...