InicioSociedadeO PP denuncia que o goberno de Abel Caballero deixou 337 prazas...

O PP denuncia que o goberno de Abel Caballero deixou 337 prazas sen cubrir en 2023

Por falta de dotación orzamentaria.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo denunciou este luns que, segundo recóllese nun informe do interventor, o goberno que preside Abel Caballero deixou 337 prazas de persoal público sen cubrir en 2023 por falta de dotación orzamentaria.

Así o trasladou a concelleira Patricia García nun comunicado, no que sinala que tanto o informe do pasado exercicio como a aprobación da Conta Xeral sinalan que o goberno municipal “incorreu nunha práctica incorrecta”, ao non contemplar partidas orzamentarias para esas prazas. Esa situación, inciden desde o PP, deu lugar a “disfuncións e incoherencias” ao longo do ano na xestión dos recursos humanos do Concello “ao non poder atenderse vacantes de urxente cobertura”.

Patricia García denunciou que, a pesar de preguntar este luns aos membros do goberno nas comisións informativas, non obtivo resposta. Así, sinalou, tras o “tirón de orellas” do interventor, que “é incomprensible que o goberno local non reservase partidas orzamentarias para todo o exercicio 2023 nun número tan elevado de prazas”, e criticou especialmente o caso dos servizos de Bombeiros e Policía Local.

Segundo incidiu a edila do PP, o interventor sinala que “existe posto, pero non praza a pesar de resultar urxente a súa cobertura” para 71 axentes municipais e 22 traballadores do servizo de extinción de incendios. En todo caso, esta falta de dotación orzamentaria da que fala o interventor municipal no seu balance anual afectou a todo tipo de áreas e categorías, engadiu Patricia García.

Tras criticar que o orzamento de 2023 “incumpría a Lei de Emprego Público de Galicia”, o PP reafirmouse nas súas críticas á “nefasta xestión de Abel Caballero”, que “é incapaz de resolver a endémica carencia de recursos humanos no Concello de Vigo”. “Se as contas están saneadas, por que non se inviste no persoal municipal, tan necesaria en todos os departamentos? Por que o diñeiro que debería destinarse ao capítulo 1, o de persoal, acábase derivando a outros fins? Será porque os traballadores do Concello non se poden inaugurar?”, cuestionou a concelleira ‘popular’.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...