InicioSociedadeEn Marea denuncia que o gasto social é un 63% máis alto...

En Marea denuncia que o gasto social é un 63% máis alto na Coruña que en Vigo

Acusan ao alcalde da cidade olívica de mentir tanto no referente a gasto social como no que respecta ao Auditorio Mar de Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal da Marea de Vigo vén de coñecer os datos sobre as liquidacións orzamentarias municipais das sete grandes cidades galegas do ano 2017, nos que, a tenor de non contar aínda coas liquidacións de Santiago de Compostela ou Ourense, os datos sacados do Ministerio de Facenda en canto ás liquidacións dos orzamentos do 2017 nas sete grandes cidades galegas son claros.

Vigo, xunto a Pontevedra, lideran á baixa o gasto social (64,83€ Vigo e 54,84€ Pontevedra) fronte aos 82,29€ de Ferrol, os 89,29€ de Lugo ou os 105,94€ da Coruña, cidade que ademais duplicou o gasto en comparación co exercicio do ano anterior.

Marea de Vigo esíxelle ao goberno de Abel Caballero rigorosidade á hora de falar de gasto social, xa que, “alén do uso electoralista, que resulta cando menos inaceptable, basearse ademais en datos falsos, é unha actitude que non debería ter un alcalde, por resultar ruín e totalmente enganosa cara á veciñanza” afirma Marga L. Barreiro.

Marea de Vigo insiste en que “en lugar de xogar cos datos de xeito interesado, o Goberno local de Abel Caballero debería observar os Servizos Sociais da cidade, así como a situación de saturación na que se atopa o persoal de Benestar Social, cuestións que ademais nin dependen exclusivamente da Xunta nin do gasto que se decida facer, tal e como amosan os datos doutras cidades”.

Activista contra a pobreza
David no asilo onde teñen parte do campamento contra a pobreza/Miguel Nuñez

“O que ten que facer o goberno local é aplicar políticas reais contra a pobreza e a exclusión social, adicando orzamento, introducindo medidas efectivas, escoitando aos colectivos sociais nas súas denuncias e por suposto, non mentindo e sendo rigoroso cando fala do gasto social” conclúe Marga L. Barreiro.

E, en canto ao auditorio Mar de Vigo, tamén acusan a Abel Caballero de mentir:”Non estamos comprando absolutamente nada, o que estamos é asumindo o pago dese montante de 35 millóns de euros, e polo tanto o alcalde está estafando e mentindo os vigueses, o único é soterrar con cargos públicos unha concesión mal dada e ademais con negativas sistemáticas a abrir un proceso de investigación para dirimir responsabilidades de como se adxudicou o auditorio”.

“Logo, intentamos enmascarar esta vergoña con recursos colocando a UNED alí dunha maneira arbitraria e non tendo un soporte minimamente real, como se non houbera un edificio de características similares en Vigo que evitara eses 800.000 euros de pago”, subliñan.

Polo tanto, concluén que “seguiremos reclamando unha comisión de investigación e a depuración de responsabilidades, porque esta tolería de sistema de xestión nos costará 35 millóns de euros a tódolos vigueses sen poder atoparlle seguramente unha rendibilidade”.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...