InicioEconomíaStellantis recibirá 29,2 millóns para a súa planta en Vigo de axudas...

Stellantis recibirá 29,2 millóns para a súa planta en Vigo de axudas dos Perte

O Ministerio de Industria publica a resolución provisional, na que Gestamp obtén case a metade dos fondos desta liña

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Ministerio de Industria e Turismo publicou este venres a resolución provisional da liña B da segunda convocatoria do proxecto estratéxico para a recuperación e transformación económica do vehículo eléctrico e conectado (Perte VEC II), entre as cales figura Stellantis como segunda maior beneficiaria cun total de 29,2 millóns de euros para a súa planta de Vigo.

A empresa afirma que este investimento público irá destinado a proxectos relacionados co desenvolvemento de novos deseños e tecnoloxías innovadoras aplicables ao proceso de montaxe do vehículo eléctrico na súa planta en Vigo.

En concreto, Stellantis –con esta achega que confirmaba o mércores o propio ministro de Industria, Jordi Hereu, desde a cidade olívica– porá en marcha iniciativas para a mellora da eficiencia enerxía e a sustentabilidade ambiental durante os procesos produtivos da planta.

Ademais, implementará procesos tecnolóxicos novos na área de ferraxe e embutición –obtención de pezas ocas a partir de chapas metálicas– destinada á fabricación de modelos de vehículos eléctricos, explica o departamento de Hereu.

ÚLTIMAS

UXT denuncia unha “grave escaseza de persoal” na residencia Alvi Beade de Vigo

UXT Sanidade denunciou publicamente este martes a situación "especialmente preocupante" que atravesa a residencia...

Un ferido atrapado tras envorcar o seu turismo nun accidente na Ramallosa

Segundo informou o 112, varias persoas chamaron ao servizo para alertar de que o...

Abel Caballero despide o 2025 coa mirada posta no Vigo Vertical e no novo Plan Xeral

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo balance do que cualificou como "o mellor...

Rueda sitúa a Delta Vigo como punta de lanza da innovación galega no sector aeroespacial e da defensa

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor este martes o papel de...