InicioSucesosPolémica nas eleccións de PSA-Vigo: agresións, supostas "presións", denuncias por "ausencia de...

Polémica nas eleccións de PSA-Vigo: agresións, supostas “presións”, denuncias por “ausencia de privacidade”…

PUBLICADO O

- Advertisement -

A do domingo 21 e a deste luns 22 foron dúas longas xornadas de votación en Citroën. Na primeira xa foron 12 horas ininterrumpidas de votación, dende as 16h ata as 4 da madrugada, con 8 mesas no colexio de especialistas e 1 na de técnicos.

A fase máis complicada “e que levanta sempre máis encontronazos”, salientan desde o sindicato CUT, “foron as mesas auxiliares que denunciamos nun laudo arbitral, posto que sirven para garantir unicamente o control do voto“, defenden.

“Foron varios os escritos presentados perante a mesa electoral central, por acompañamentos continuados de traballadores por parte das persoas de confianza da empresa. A consigna e clara, coller a papeleta na mesa auxiliar e a vista da persoa que te acompaña”, defenden, o que consitúe unha grave denuncia de fallas democráticas no interior da maior fábrica de Galicia.

A CUT presentou ao longo da xornada varios escritos “sobre a falta de privacidade na escolla do voto, acompañamentos, e as presións exercidas durante a semana pola xeraquía de PSA Vigo aos traballadores para acudir as mesas auxiliares”, enumeran.

A xornada de hoxe luns 22, con votacións de 8 a 20 horas en 4 mesas de técnicos e 14 de especialistas, desenrolouse con continuas paralizacións das mesas de votacións, por denuncias de acompañamentos de traballadores á zona de votación, todo para establecer un “control de voto”, segundo defende a CUT.

“O único sindicato que defende os acompañamentos é o SIT ou coñecido como sindicato amarelo, presionando as diferentes mesas e presidentes das mesmas para que non prohibiran que foron varios traballadores xuntos a votar”, denuncian.

Motivo que conlevou moitos enfrontamentos verbais, e de confrontación durante a xornada do domingo, e deste luns, chegando, asegura a central sindical, a agresions entre membros de diferentes candidaturas, tanto verbais, como fisicas.

ÚLTIMAS

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...

A Plataforma fronte á Masificación Turística pide unha moratoria de licenzas para VUT

A Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo dirixiuse por carta...

O PP de Vigo pide a Caballero que deixe as “ambigüidades” sobre a biblioteca de Teis

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero,...