InicioEconomíaA Feira Navalia estreará na súa edición deste ano unha Zona de...

A Feira Navalia estreará na súa edición deste ano unha Zona de Innovación impulsada pola Zona Franca

A Feira Internacional da Industria Naval, Navalia, que celebrará a súa novena edición entre o 21 e o 23 de maio no Instituto Feiral de Vigo, chega este ano con máis de 500 expositores.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Feira Internacional da Industria Naval, Navalia, que celebrará a súa novena edición entre o 21 e o 23 de maio no Instituto Feiral de Vigo, estreará este ano unha Zona de Innovación, grazas ao apoio do Consorcio da Zona Franca. Esta iniciativa, presentada este venres polo delegado de Zona Franca, David Regades, e polo presidente e o director de Navalia, José García Costas e Javier Arnau, entre outros, ten como finalidade apoiar e incentivar o ecosistema emprendedor neste sector.

A nova Zona de Innovación, situada no pavillón H, estará xestionada pola Asociación de Enxeñeiros Navais e Oceánicos de España (AINE) e dará cabida a 16 empresas de nova creación, proxectos innovadores e startups, que mostrarán as súas propostas na feira. O delegado de Zona Franca, David Regades, puxo en valor o compromiso deste organismo coas feiras implicadas no desenvolvemento económico e industrial de Vigo, e subliñou que Navalia “é xa un referente en España e en todo o sur de Europa”. “Vigo non se pode entender sen o sector naval”, afirmou, antes de eloxiar a capacidade e competitividade dos estaleiros e a súa industria auxiliar.

Así mesmo, incidiu en que “o naval é un sector de alta especialización tecnolóxica e especialmente intensivo en I+D+i” e sinalou que a automatización de procesos, o desenvolvemento de sistemas de propulsión máis sustentables nos buques con hidróxeno renovable ou sistemas mixtos, ou a eólica mariña son “liñas de acción estratéxicas que poden constituír un importante revulsivo” para esta industria.

O presidente de Navalia, José García Costas, agradeceu o apoio de Zona Franca e referiuse a a necesidade de atraer e formar talento para o sector naval. “Cada ano os empresarios tentamos captar todo o talento dos nosos mozos e formalos para ser máis competitivos. Temos un déficit enorme de persoas formadas para este sector”, constatou.

Así mesmo, o director da feira, Javier Arnau, destacou que Navalia e o propio sector “sempre quixeron ter un espazo de innovación” para que os novos proxectos e ideas poidan presentarse e conseguir o apoio institucional e financiamento. A feira Navalia abrirá as súas portas o 21 de maio no Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) e, a día de hoxe, confirmaron a súa presenza máis de 500 expositores. Así, haberá máis de mil marcas representadas, de 75 países, co obxectivo de chegar aos 20.000 visitantes profesionais.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...