InicioDeportesFoi o Celta, que segue pensando en crear un novo estadio, "excluído"...

Foi o Celta, que segue pensando en crear un novo estadio, “excluído” das reformas de Balaídos?

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal Marea de Vigo vén de chamar ao diálogo entre institucións, despois de ter recibido a información de que o Real Club Celta segue coa intención de crear un novo estadio en Vigo cando están no seu ecuador as reformas de Balaidos.

“Para nós é unha novidade que o que se está plantexando sexa a construción dun novo estadio en Vigo cando os comuneiros de Mos rexeitaron o proxecto”, subliña Rubén Pérez, portavoz de Marea de Vigo.

Chega por sorpresa a pretensión do Celta de realizar o novo estadio, “pero tamén entendemos que o club foi excluído do proceso de reforma de Balaídos, un proxecto ademais feito por partes e coa financiación de dúas administracións, e unha delas que non entendemos por que puxo recursos públicos alí, como é a Deputación de Pontevedra”, denuncia Pérez.

Para o grupo municipal está claro que “hai que recuperar a senda do diálogo para rematar as obras de Balaídos e darlle a concesión do estadio ao club por 25 anos, tendo en conta que esta non debería estar por debaixo dos 800.000 euros anuais para garantir o retorno dos recursos públicos”.

“Pero agora estamos nunha situación de empantanamento, e a actitude de pouco diálogo do Concello co Celta e o club sen ser tampouco claro, non vai axudar a resolvelo”, lamentan.

En canto á cidade deportiva, para este grupo o máis adecuado sería o regreso do proxecto a Vigo, “que para nós tería que ir ligado á desaparición da superficie comercial, que ía ligada tamén ao proxecto da cidade deportiva en Mos, pola cuestión de poder financiar os accesos que requería o plan xeral”.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...