InicioSucesosDetido por exhibicionismo un home que se facía tocamentos e se masturbaba...

Detido por exhibicionismo un home que se facía tocamentos e se masturbaba na praia viguesa de Samil

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 42 anos de idade, A.D., como presunto autor dun delito de exhibicionismo, por facerse tocamentos e masturbarse diante dos bañistas, incluídos menores de idade, na praia de Samil.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron o pasado venres pola tarde, cando a Policía foi requirida por varias testemuñas que alertaban da presenza dun home na praia, que se estaba facendo tocamentos e que chegara a baixarse o bañador para masturbarse diante dos bañistas.

Os axentes identificaron o sospeitoso, que negou os feitos, pero varias testemuñas corroboraron a denuncia e varias familias confirmaron que o viron, incluídas as súas fillas de 7,8 e 13 anos de idade. Por estes feitos, procedeuse á detención do individuo.

ÚLTIMAS

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Un accidente na Ponte de Rande provoca retencións na AP-9

Un accidente na ponte de Rande provoca retencións na autoestrada AP-9 en dirección Pontevedra,...

Prohibida a pesca do choco nas rías de Vigo e Pontevedra durante máis de tres meses

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este xoves as resolucións da Consellería do...

PP e BNG de Vigo acusan que se impediu aos feirantes acdeder ao Concello e o goberno local négao

Os grupos municipais do PP e o BNG criticaron este xoves que se impediu...