InicioPolíticaCaballero valora os novos orzamentos: "Teremos a maior política social de tódolos...

Caballero valora os novos orzamentos: “Teremos a maior política social de tódolos concellos de España”

PUBLICADO O

- Advertisement -

Abel Caballero presentou esta mañá o maior orzamento da historia da cidade. Os investimentos superarán os 30 millóns de euros, un 17,2% máis que en 2018, e a política social alcanzará os 17,5 millóns, un 18,2% máis que o pasado exercicio.

Vigo contará cun orzamento aprobado en tempo e forma por duodécimo ano consecutivo, “a primeira vez que isto pasa na cidade”, dixo o rexedor antes de avanzar que as contas municipais para 2019 alcanzarán os 257,5 millóns, un millón máis que en 2018, cando a cifra xa era “excepcional” -con 256,5 millóns-, dado que incluía unha importante partida de fondos DUSI.

O rexedor cualificou o orzamento de equilibrado, “mantendo a débeda 0 e coa presión fiscal máis baixa das seis grandes cidades de Galicia”, asegura, mentres o PP vigués defende xusto o contrario.

Segundo detallou o alcalde vigués, Ourense tería una presión por habitante de 746 euros; Santiago, de 676 euros; Pontevedra, 616 euros; A Coruña, 613 euros; Lugo, 584 euros e Vigo, 550 euros.

Engadiu que en 2019 se conxelarán os impostos, taxas e prezos públicos a pesares de que o IPC subiu nun 1,5. Calcula o goberno vigués en 3 millóns de euros os impostos que os cidadáns de Vigo deixarán de pagar.

Os investimentos que dependen do Concello ascenderán a 30.139.367 euros, “a cifra máis alta de ningunha cidade de Galicia” o que supón un aumento de 6 millóns respecto ao ano pasado, un 17,2%. Nesta partida hai que ter en conta 3,3 millóns que xa están consignados para a Panificadora así como a diferencia dos fondos DUSI.

Outro dos eixos fundamentais do documento é a acción social, con 17,5 millóns -2,7 millóns máis que en 2018, o que supón un aumento dun 18,2%, “de longo, a maior política social de ningún concello de España”, precisou Caballero.

Estas contas permitirán seguir transformando a cidade continuando coa “estimulación da economía, cos grandes investimentos e cunha enorme vocación social”. Rematou explicando que nestes momentos estanse a tramitar os informes técnicos antes de levar en pouco máis dunha semana o documento á Xunta de Goberno para ser posteriormente referendado nun pleno extraordinario antes de que remate o ano.

ÚLTIMAS

A Xunta outorga ao Concello de Vigo unha concesión de ocupación para a recuperación ambiental da praia de Ou Vao

A Xunta outorgou ao Concello de Vigo unha concesión para ocupar 20.978,11 metros cadrados...

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...

Afectados polo PIA do Ofimático de Vigo piden á Xunta que paralice a “trampa” das expropiacións

Afectados o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Ofimático e Santa Cristina de Vigo...