InicioVigo e contornaVigoCaballero reclama á Deputación asinar o convenio para as obras da bancada...

Caballero reclama á Deputación asinar o convenio para as obras da bancada de Gol en Balaídos

Así o trasladou o rexedor olívico nunhas manifestacións gravadas e remitidas aos medios, nas que Caballero explicou que este xoves o Concello enviou unha carta á institución provincial na que manifesta a súa "preocupación" pola demora na firma do convenio.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, urxiu á Deputación de Pontevedra a firma do convenio para poder licitar as obras de reforma da bancada de Gol, no estadio municipal Abanca Balaídos, e advertiu de que, se non se fai de inmediato, prexudicarase ao Real Club Celta na organización da próxima tempada.

Así o trasladou o rexedor olívico nunhas manifestacións gravadas e remitidas aos medios, nas que Caballero explicou que este xoves o Concello enviou unha carta á institución provincial na que manifesta a súa “preocupación” pola demora na firma do convenio.

Segundo lembrou, o goberno local remitiu á Deputación hai dous meses o convenio co proxecto construtivo, “acordado co Celta”, e “ata hoxe non houbo resposta”.

Caballero lembrou que é necesario iniciar as obras desa bancada cando termine a tempada, para que o club poida reacomodar aos abonados no resto de bancadas do estadio. “O contrario vaille a producir ao Celta un grave prexuízo, por iso queremos asinar canto antes”, incidiu, antes de engadir: “Estes de a Deputación non parecen ter ningunha présa e iso causará dano aos partidos e á tempada do Celta en Balaídos”.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...