InicioEconomíaVigo acollerá en xuño o foro Galicia Biodays 2024 sobre industria biotecnolóxica...

Vigo acollerá en xuño o foro Galicia Biodays 2024 sobre industria biotecnolóxica e ciencias da vida

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Auditorio Mar de Vigo acollerá os días 12 e 13 de xuño o encontro internacional Galicia Biodays 2024, organizado polo Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga), un foro de referencia da industria biotecnológica no espazo atlántico europeo.

Para o presidente do Clúster, José Manuel López Vilariño, este foro será o “escenario perfecto” para que o sector biotecnolóxico estableza novos contactos e sinerxías, xere negocio, entre en contacto con investidores e clientes e desenvolva novos proxectos.

Na cita de xuño abordaranse cuestións como o desenvolvemento de novos medicamentos, a innovación en alimentación e cosmética, o emprendimento e o financiamento de proxectos ou a internacionalización. No foro participarán delegacións de países como Estados Unidos, Xapón, Reino Unido ou Bélxica, e entre os patrocinadores figuran compañías como Zendal, Inventium, Promega Biotech Ibérica, Servitalent, AMSlab, CaixaBank-DayOne, Paralab Bio e FI-Group.

López Vilariño explicou que a elección de Vigo non é casual, xa que a cidade ten “un marcado carácter emprendedor e industrial”, cunha área de influencia onde se asintan algunhas das empresas do sector con maior facturación e “onde a hibridación con outros sectores estratéxicos sucede de forma natural”.

ÚLTIMAS

Xunta acusa o Goberno de bloquear a biblioteca estatal de Vigo e ve “difícil” que licite o proxecto en 2026

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, acusou o Goberno central...

Feijóo desembarca o sábado en Vigo para arroupar os candidatos do PPdeG ao Congreso: “É unha declaración de intencións”

O proceso que desembocará na cita coas urnas do próximo 29 de novembro avanza...

Investigan un roubo na vivenda do futbolista Ilaix Moriba en Nigrán

A Garda Civil investiga varios roubos cometidos na zona de Nigrán, entre eles un...

Vigo paraliza o concurso da escultura de Iago Aspas tras o recurso dun participante excluído

O Concello de Vigo suspendeu o procedemento do concurso de proxectos para o deseño...