InicioSucesosMorre un operario de 25 anos golpeado por unha pa en Vigo

Morre un operario de 25 anos golpeado por unha pa en Vigo

Esta é a segunda morte dun operario na cidade olívica nesta semana.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un operario de 25 anos faleceu este venres ao ser golpeado por unha pa en Vigo cando se atopaba no lugar de Viña Grande, en Alcabre, nunha casa en obras. Segundo informa o 112 Galicia, o suceso produciuse pouco antes de mediodía. Axentes da Policía Nacional confirmaron o falecemento.

Despois de recibir o aviso por parte do equipo médico, o 112 Galicia puxo en marcha os protocolos correspondentes para a mobilización dos recursos. Deste xeito, ademais de axentes e sanitarios, informouse á Policía Local de Vigo.

Esta é a segunda morte dun operario na cidade olívica nesta semana, xa que o pasado mércores un traballador faleceu ao caer da cuberta dunha nava no Estaleiro San Enrique, a antiga Vulcano, en Teis.

Segundo informa o 061 a Europa Press, ao lugar enviouse unha ambulancia medicalizada. Sanitarios realizaron manobras cardiopulmonares ao mozo de 25 anos, KACP, que resultou falecido.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...