InicioSucesosFalece unha moza de 19 ao saírse da vía co coche en...

Falece unha moza de 19 ao saírse da vía co coche en Ponteareas cando se dirixía a xogar un partido

O suceso tivo lugar sobre as 09.50 horas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha moza de 19 anos perdeu a vida tras saírse da vía o vehículo no que circulaba pola estrada PO-254, ao seu paso polo municipio pontevedrés de Ponteareas. Segundo informou o 112 Galicia, foi un particular quen alertou deste sinistro no punto quilométrico 4 desta vía, na parroquia de Pías, sobre as 09.50 horas.

Ata o lugar, mobilizados pola central de emerxencias, desprazáronse profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Policía Local, Garda Civil de Tráfico, servizos de mantemento da estrada e efectivos do GES-SPEIS de Ponteareas, que interviñeron para liberar á vítima.

A falecida é unha moza de 19 anos que á primeira hora desta mañá dirixíase a atoparse coas súas compañeiras do club de fútbol Sporting Club San Mateo para disputar un partido en Teo contra a SD Cacheiras, que foi suspendido. Tras transcender a noticia tamén se suspendeu o partido do Sporting Club San Mateo B.

Federación Galega de Fútbol (RFGF) mostrou a súa “inmensa dor” polo falecemento de Paula Andrea, xogadora de 19 anos do Sporting Club San Mateo de Ponteareas. “Desde a RFGF enviamos un fortísimo abrazo aos seus familiares, ás súas compañeiras e compañeiros e a todos os que forman a familia do Sp. San Mateo”, publicou nas súas redes sociais. Tamén o clube da vítima emitiu un comunicado no que sinala que “non hai palabras para describir” o que senten tras este “terrible suceso”. “Onde esteas, sempre estarás entre nós”, conclúe.

ÚLTIMAS

Caballero reta a Nova York: “En Times Square teñen que aprender do Nadal de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu despregar na nova edición da Feira Internacional...

(Vídeo) O día que ‘Stranger Things’ abriu un burato en Vigo… que non se pecha

En Vigo pasan cousas raras no Nadal, todo o mundo o sabe. Non raras...

A Fiscalía solicita 3 anos e medio de cárcere para a dona dunha empresa de carpintaría por empregar persoal sen dar de alta na...

A dona dunha empresa de carpintaría enfróntase a unha petición de 3 anos e...

A Fiscalía solicita seis anos de cárcere por unha estafa con falsos alugueres en Vigo

A Fiscalía pediu seis anos de prisión para un home acusado dun delito continuado...