InicioSucesosUn raio derruba parte do tellado dunha casa de madeira en Cabral

Un raio derruba parte do tellado dunha casa de madeira en Cabral

Durante a tarde do sábado tamén ardeu por completo unha casa prefabricada en Tomiño.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un raiou derrubou parte dun tellado dunha vivenda de madeira na rúa de Amaro, na parroquia de Cabral, en Vigo, sen causar feridos. Segundo indicou o 112foi pasadas as 2.30 horas cando un dos residentes do inmoble chamou para indicar que todos estaban ben pero que non tiñan luz e que había importantes danos materiais. A central de emerxencias deu aviso aos bombeiros municipais e á Policía Nacional e Local que se desprazaron ata o punto.

ARDE UNHA CASA PREFABRICADA EN TOMIÑO

Por outra banda, ás 19.00 horas do sábado no lugar da Gandariña, en Tomiño, ardeu por completo unha casa prefabricada que estaba deshabitada. Foi un particular quen chamou ao 112 Galicia para alertar de que estaba a saír fume polo tellado e por baixo da porta da vivenda. Aínda que adoitaba ser frecuentada por algunhas persoas, os servizos de emerxencias comprobaron que non había ninguén no interior e procederon a apagar o incendio. Neste operativo participaron os Bombeiros do Porriño, o GES da Guarda e a Garda Civil.

ÚLTIMAS

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Detido un home en Vigo por saltar unha orde de afastamento dunha muller coa que foi sorprendido discutindo na rúa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 44 anos de...

Un accidente na Ponte de Rande provoca retencións na AP-9

Un accidente na ponte de Rande provoca retencións na autoestrada AP-9 en dirección Pontevedra,...

Deteñen un home en por presunta agresión á súa nai octoxenaria

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño da cidade, A.I.R., de...