InicioEcoloxistas boicotean a cidade deportiva do Celta como subsede do Mundial 2030...

Ecoloxistas boicotean a cidade deportiva do Celta como subsede do Mundial 2030 “por ser ilegal”

PUBLICADO O

- Advertisement -

Ecoloxistas en Acción remitiu á Real Federación Española de Fútbol (RFEF) unha carta na que pide que descarte a proposta da Federación Galega, de que a cidade deportiva do R.C.Celta sexa subsede para adestramentos e partidos amigables de cara ao Mundial de 2030, ao tratarse dunha instalación “ilegal”.

Na carta, a organización ecoloxista lembra que a cidade deportiva do Celta construíuse sobre montes comunais, en terreo forestal de especial protección e sen tramitación previa dun Plan Especial de Dotacións e Infraestruturas.

Ademais, sinalaron o propio xefe de servizo de Urbanismo do Concello de Mos apuntaba que as obras non se axustaron aos proxectos licenciados, senón que “excederon con moito o permitido polas licenzas”, xa que se construíron unhas instalacións privadas, cun edificio de case 3.000 metros cadrados, “cando por cualificación do chan rústico de especial protección só poderían construírse uns pequenos vestiarios e almacéns”.

Por iso, Ecoloxistas en Acción, trasladou á RFEF que se trata dunha “obra ilegal”, con licenzas anuladas por sentenza, que logo foi confirmada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). De feito, a organización lamentou que a Federación Galega, coa súa proposta, pretende “blanquear unha ilegalidade urbanística e un atentado ambiental“. Ademais, engadiu, se Vigo é finalmente sede no Mundial, hai outras instalacións deportivas na provincia de Pontevedra “tanto ou mellor equipadas” que Afouteza, “que si cumpren coa legalidade urbanística, e que ademais son públicas”.

Por iso, ante a visita de técnicos da RFEF, pediron que se teñan en conta estas circunstancias e desestimen a proposta de designación como subsede, “evitando así un grave dano á imaxe da institución máis importante do fútbol español”.

ÚLTIMAS

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Detido un home en Vigo por saltar unha orde de afastamento dunha muller coa que foi sorprendido discutindo na rúa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 44 anos de...