InicioSociedadeCaballero suspende "ipso facto" un pleno do concello tras novas protestas de...

Caballero suspende “ipso facto” un pleno do concello tras novas protestas de traballadores de Vitrasa

Os traballadores da concesionaria continuaron durante uns minutos gritando, lamentando a "covardía" de Caballero por "non dignarse a escoitar".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha nova protesta de traballadores de Vitrasa, a concesionaria municipal do Concello de Vigo, obrigou a suspender o pleno local deste luns durante un dez minutos. Como vén sendo habitual, empregados de Vitrasa asistiron como público ao salón e, nun momento dado, cando o alcalde, Abel Caballero, tomou a palabra, levantáronse e comezaron coa súa reivindicación.

Con todo, nesta ocasión, Caballero suspendeu o pleno de forma ‘ipso facta’, sen chamarlles a atención nin pedirlles que estivesen en silencio, como adoita ser habitual, abandonando o rexedor a sala.

A pesar de todo, os traballadores da concesionaria continuaron durante uns minutos gritando, lamentando a “covardía” de Caballero por “non dignarse a escoitar”. “Vitrasa é un servizo público. Debería ser de calidade, pero non é de calidade”, subliñaron, mentres criticaban que concelleiras abandonasen tamén o pleno.

“A responsabilidade é do Concello de Vigo”, engadiron, indicando que “non lles gusta vir suspender o pleno” e solicitando que “alguén os reciba e os escoite”, apuntando directamente cara a Abel Caballero, por ser o “responsable primeiro do servizo do transporte público”.

Tamén falaron do suposto reequilibro económico que prepara o Concello para Vitrasa, “sospeitando” do mesmo xa que o goberno local nunca ensinou ningún documento respecto diso, a pesar das reiteradas peticións da oposición e mesmo da Valedora do Pobo. “Se ninguén ten nada que ocultar, por que non se vai a ensinar?”, destacaron.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...