InicioMedio Ambiente e PatrimonioA Xunta destinará 1,8 millóns de fondos europeos facer do Mosteiro de...

A Xunta destinará 1,8 millóns de fondos europeos facer do Mosteiro de Oia un gran establecemento turístico

O Goberno galego utiliza fondos do Plan Xacobeo Next Generation para para a creación de establecementos turísticos en emprazamentos senlleiros do Camiño de Santiago,

PUBLICADO O

- Advertisement -

Case dous millóns a facer do Mosteiro de Oia un gran establecemento turístico no Camiño da Costa. Será a través da liña de axudas para a creación de establecementos turísticos en emprazamentos senlleiros do Camiño de Santiago no marco do Plan Xacobeo Next Generation.

Este primeiro proxecto autorizado é o que foi presentado o pasado mes de novembro pola empresa Residencial Mosteiro de Oia, SA, que suporá dotar ao Mosteiro de Oia de restaurante e que compatibiliza a creación desta oferta de restauración coa posta en marcha dun proxecto cultural dinamizador do turismo na contorna.

O proxecto conta cunha axuda de 1,8M€ (o 80% do investimento necesario) que sufragará, entre outras accións a reforma e rehabilitación do sistema envolvente e estructural, así como da contorna e sistema de instalacións, mellora de carpinterías, cubertas e envolvente. Tamén se inclúen actuacións de mellora en instalacións de iluminación e control, sistemas con contribución renovable, mellora de accesibilidade, entre outras.

BIC

Como se establecía nas bases, a creación do establecemento turístico vai unida á posta en valor e mellora ou rehabilitación dun ben de interese cultural (BIC). Neste caso o novo establecemento leva aparellada a rehabilitación do Mosteiro de Oia. Tamén se requiría que, polo menos un 80 % da capacidade temporal ou espacial anual destinarase a fins culturais. Neste caso concreto a visita pública será todo o ano, de martes a domingo, en horario 11:00 –13:00 h e 16:00 –18:00 h. A empresa deberá ter as obras acabadas o 31 de outubro de 2025.

AXUDAS EUROPEAS

Os fondos desta obra proceden de diñeiro europeo cos que a Xunta quere impulsar negocios turísticos na contorna dos camiños de Santiago.  Esta liña de subvencións enmárcase nos distintos proxectos que a Xunta de Galicia está facendo realidade cos fondos europeos que foron asignados a Galicia co Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia da Unión Europea. En concreto, forma parte dos 39,2M€ -dos que a Xunta xestiona directamente máis de 31M€- cos que se puxo en marcha o Plan Xacobeo Next Generation. Ademais desta liña de axudas, este plan inclúe a sinalización da rede cicloturística Eurovelo, que está en execución ou o proxecto de revalorización da Ruta Traslatio, en ejecución. Este Plan Xacobeo Next Generation comprende tamén a rehabilitación de 12 BIC do Camiño de Santiago. 

A liña de axudas diferencia dous tipos de proxectos: os que fomenten a competitibidade e sustentabilidade turística en establecementos senlleiros e os que busquen dinamizar o turismo cultural coa posta en valor de Bens de Interese Cultural. En ambos casos levará asociado a creación de novos establecementos que poden ser de aloxamento ou de restauración (restaurantes, cafeterías ou bares) e que estean situados en concellos do Camiño de Santiago. Tamén en ambos casos as axudas van dirixidas a pequenas, medianas ou grandes empresas.

GRAN COMPLEXO TURÍSTICO

Por iso, a idea é facer deste senlleiro edificio relixioso un gran complexo turístico. A chegada ao restaurante realizarase desde o Patio de Armas, mediante o acceso existente na praza fronte ao atrio da Iglesia, o paseo polo Patio de Armas, con vistas á costa de Oia e ao Mosteiro finaliza no Patio de Oficinas, desde onde se accederá ao corpo principal do restaurante: a antiga enfermería.

Na planta baixa, a antiga enfermería será reconfigurada para albergar a recepción do restaurante, a zona de bar do restaurante e dous aseos adaptados para persoas con

discapacidade. Estes últimos estarán precedidos por un vestíbulo que proporciona un acceso adecuado e con dobre porta. No semisoto, accederase a unha zona que permite o recoñecemento dos antigos muíños de gravidade, servindo como anexo ao espazo superior. Este espazo semisoto conta con xanelas que ofrecen vistas ao río Lavandeira e presenta un patio no seu testero oeste.

Na entreplanta, situada directamente sobre a planta baixa, crearase unha nova Terraza vexetal orientada cara ao océano, desde a cal se poderá gozar da posta de sol. A nave norte, situada na zona do Patio das Laranxeiras, albergará o comedor principal do restaurante. Entre o corpo da antiga enfermería e a nave norte configurarase o espazo destinado á cociña, con accesos que conectarán ambos os espazos.

ÚLTIMAS

Incautados en Tahití case 524 quilos de cocaína nun pesqueiro con base en Vigo

A Mariña francesa incautouse dun alixo de 524 quilos de cocaína atopado nun barco pesqueiro con...

Abel Caballero saca peito do feito no ano 2024, “o mellor ano na historia de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo balance do 2024, "o mellor ano na historia...

Defensa da Sanidade Pública denuncia que o contrato da Xunta con Povisa “consolida a privatización hospitalaria”

A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública denunciou que o contrato con...

OPINIÓN.- Vigo e a construción da paz mundial

A construción dunha Europa internacionalista e pacífica require unha profunda transformación nas dinámicas de...