InicioSucesosFalecen dúas persoas nun accidente laboral na Cañiza tras quedar atrapados baixo...

Falecen dúas persoas nun accidente laboral na Cañiza tras quedar atrapados baixo sacos de plástico derretido

PUBLICADO O

- Advertisement -

Dous operarios, un home e unha muller, faleceron nun accidente laboral no municipio pontevedrés da Cañiza tras quedar atrapados baixo uns sacos de plástico derretido. Segundo informou o 112, foi ao fío das 2.00 horas deste sábado cando un traballador da planta de reciclaxe deu a voz de alarma e indicou que estaban atrapados baixo uns sacos de granza.

O home explicou que estaba noutra zona da planta de reciclaxe de plásticos situada no polígono industrial e, cando se achegou, a situación era xa irreversible. A central de emerxencias mobilizou ao GES-Bombeiros de Ponteareas e ao GES de Ribadavia, así como aos Bombeiros de Baixo Miño, que descartaron intervir tras confirmar cos compañeiros xa desprazados que había medios e recursos suficientes para facer fronte ao rescate.

Pola súa banda, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 mobilizou ata o punto unha ambulancia asistencial de SVB e persoal sanitario do PAC da Cañiza. Ademais, no operativo tamén participou a Garda Civil e foron informados os psicólogos do Grupo de Intervención especializada en graves emerxencias e catástrofes.

O CONCELLO DECRETA DOUS DÍAS DE LOITO

Concello da Cañiza decretou dous días de loito oficial, este sábado e domingo, polos dous veciños, de 42 e 55 anos. Así o declarou o alcalde, Luís Pena, que deu o pésame ás familias, amigos e compañeiros por parte da corporación municipal. As bandeiras dos edificios institucionais ondearán a media hasta.

ÚLTIMAS

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...

A Plataforma fronte á Masificación Turística pide unha moratoria de licenzas para VUT

A Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo dirixiuse por carta...

O PP de Vigo pide a Caballero que deixe as “ambigüidades” sobre a biblioteca de Teis

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero,...