InicioPolíticaFalece aos 75 anos de idade o exalcalde de Vigo Ventura Pérez...

Falece aos 75 anos de idade o exalcalde de Vigo Ventura Pérez Mariño

As diferencias co BNG acabaron cunha moción de censura cun Lois Pérez Castrillo, do BNG, apoiando á popular Corina Porro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O exalcalde de Vigo Ventura José Emilio Pérez Mariño faleceu este mércores aos 75 anos de idade na cidade olívica, segundo confirmaron fontes consultadas por Europa Press. O xurista e político vigués morreu nas últimas horas na urbe que el mesmo dirixiu en 2003.

Ventura Pérez Mariño foi deputado no Congreso entre 1993 e 1995 e, en xuño de 2003, foi investido alcalde de Vigo polo PSOE e formou goberno co BNG de Lois Pérez Castrillo. Con todo, as súas diferenzas en materia de política urbanística acabaron cunha ruptura do pacto seis meses despois e desembocaron nunha moción de censura, na que o socialista perdeu a alcaldía, que foi asumida por Corina Porro (PP) en decembro dese ano, cos votos do PP e do BNG.

Xa xubilado, en 2021 o seu delicado estado de saúde provocou que fose ingresado no Hospital Álvaro Cunqueiro tras ser rescatado e sacado do mar semiinconsciente dunha praia de Aldán, en Cangas (Pontevedra).

CONDOLENCIAS

As condolencias sobre o seu falecemento non tardaron en chegar. O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, mandou todo o seu apoio e agarimo á familia e aos amigos de Ventura Pérez Mariño a través dunha mensaxe na súa conta oficial de X (antigo Twitter).

Tamén o candidato socialista á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, trasladou o pésame aos seus achegados e “a todo o socialismo vigués”. “Na familia socialista perdemos a Ventura Pérez Mariño, exalcalde de Vigo. Un compañeiro sempre comprometido coa igualdade de oportunidades”, lamentou en X.

Tamén o ex secretario xeral do PSdeG e deputado socialista Gonzalo Caballero mostrou o seu pesar polo falecemento, lembrando que foi el o que substituíu a Ventura Pérez Mariño como concelleiro vigués cando este deixou a súa acta en 2005, dous anos despois de que cesase como alcalde.

O presidente da Xunta e candidato do PPdeG, Alfonso Rueda, puxo en valor a figura do exalcalde vigués, indicando que “demostrou que por encima das ideoloxías aos políticos úneos o desexo común de mellorar a vida da xente”. “Despedímolo recoñecendo o seu compromiso coa sociedade, como alcalde e como xurista. Descansa en Paz”, escribiu na mesma rede social.

O portavoz do BNG en Vigo, Xabier Pérez Igrexas, lamentou “inmensamente” a morte de Ventura Pérez Mariño, que deixou unha “gran pisada” na cidade.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, subliñou a dedicación de Pérez Mariño a Vigo, trasladando o pésame á familia por esta “perda irreparable” para a cidade, por ser “un gran vigués e un gran alcalde”.

ÚLTIMAS

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Detido un home en Vigo por saltar unha orde de afastamento dunha muller coa que foi sorprendido discutindo na rúa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 44 anos de...