InicioEconomíaPersoal da auxiliar do naval Soling concéntrase fronte á delegación da Xunta...

Persoal da auxiliar do naval Soling concéntrase fronte á delegación da Xunta e pide implicación do Goberno galego para salvar os empregos

Traballadores da auxiliar do naval Soling Instalacións, concentráronse este luns ante a delegación territorial da Xunta en Vigo, para reclamar a implicación da administración autonómica na defensa dos postos de traballo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Traballadores da auxiliar do naval Soling Instalacións, concentráronse este luns ante a delegación territorial da Xunta en Vigo, para reclamar a implicación da administración autonómica na defensa dos postos de traballo, despois de que os novos donos da compañía enviasen ao persoal para casa cun permiso retribuído e sen dar máis explicacións sobre a súa futura actividade.

Segundo informou nun comunicado a CIGo anterior propietario vendeu a empresa “dun día para outro, sen dar ningún tipo de información” e o actual dono enviou aos traballadores á súa casa cun permiso retribuído “sen que saiban cal vai ser o seu futuro”. Este permiso finaliza o próximo 26 de febreiro e o persoal, composto por 77 persoas, non sabe que fará porque o anterior propietario “négase a facilitar información” aos representantes dos traballadores, “nin sobre o proceso de venda, nin os futuros plans industriais, nin respecto do mantemento ou non dos postos de traballo”.

De feito, denunciaron desde a CIG, os empregados nin sequera saben quen comprou Soling, e sinalaron que o anterior dono recoñeceu que a empresa tiña problemas, pero que se liquidarían antes de Semana Santa. “A nosa sorpresa foi que se presentou nas instalacións unha persoa dicindo que era o novo propietario, e que nos mandaba 15 días para casa“, alertaron os operarios.

Ante estes feitos, os traballadores trasladaron o caso á Inspección de Traballo, e anunciaron unha reunión coa Fiscalía, “ante a gravidade” do ocorrido. Así mesmo, pediron unha reunión coa delegada da Xunta para pedir implicación da administración galega co fin de manter a actividade e os empregos.

Respecto diso, trasladaron o seu temor de que a nova propiedade pretenda “liquidar” a compañía, e alertaron de que o persoal ten pendente o cobro dunha nómina e dúbida de que vaia a cobrar estes días de permiso. Ademais, ao persoal que se atopaba traballando fóra de Galicia, tampouco se lles abonaron os gastos de de desprazamento nin as dietas.

APOIO AO PERSOAL DE MAESSA NAVAL

Por outra banda, a CIG-Ferrol trasladou o seu apoio ao persoal de Maessa Naval, na folga indefinida que convocaron pola “pretensión da empresa de imporlles” un calendario laboral para 2024 no que se reparten en minutos os sete días de exceso de xornada que lles corresponden.

Este modo “perverso” de interpretar o exceso de xornada, é para a CIG unha “argucia” que, de facto, fai que o persoal non poida gozar deses sete días que lles corresponden. O sindicato nacionalista defende que ese tempo sirva para que haxa menos días de presenza no posto de traballo, e non para saír 10 ou 15 minutos antes cada día. Por todo iso, fixeron un chamamento a participar na concentración convocada polo persoal de Maessa para este martes, de 9.00 a 11.00 horas ás portas de Navantia.

ÚLTIMAS

Abordado un buque a 600 millas de Canarias con 6.500 quilos de cocaína con destino a Vigo

Axentes do Grupo Especial de Operacións da Policía Nacional abordaron este outubro --a 600 millas das...

Novidades no Nadal de Vigo: 75 casetas e dúas pistas de xeo na praza de Vialia

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello ampliará o espazo do Nadal...

Xuízo con tribunal popular para o crime de Coia: o acusado enfróntase a case 22 anos de cárcere por asasinato

O xuízo polo chamado crime de Coia de 2024, que se celebrará con tribunal...

Cardama, avisa: “se Uruguai rompe o contrato das patrulleiras será malo para todo o naval vigués”

O empresario vigués José García Costas, accionista do estaleiro Cardama, advertiu este venres de...